Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O PSOE solicitará a comparecencia do Alcalde ante a apertura dun Centro de Día que califican de “ilegal”

Este centro, segundo os socialistas, carecería “de licenza de obras, permiso administrativo da Xunta de Galicia e licenza municipal de apertura”.

O PSOE de Ponteareas alerta dunha apertura, que califican de  “ilegal”, nun Centro de Día  ubicado en Ponteareas. O centro, aseguran nun comunicado de prensa, “carece de licenza de obra para o acondicionamento do local, permisos administrativos da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, así como de licenza municipal de apertura”.

 

“As obras realizadas no local onde se sitúa xa o centro foron denunciadas ante o Concello de Ponteareas o 19 de decembro de 2014. Aínda así, ditas obras continuaron e se procedeu a abrir o local, onde actualmente acoden e son atendidas varias persoas” aseguran os socialistas.

 

O PSOE de Ponteareas solicitará no vindeiro pleno a comparecencia do Alcalde  para que “de conta da actuación do Concello dende o 19 de decembro, momento no que se denuncian as obras”.

 

Os socialistas quere saber “por que non se paralizaron as obras, por qué se abriu o centro sen ter os permisos administrativos correspondentes e cales son os intereses que poden ter diferentes membros do goberno para a apertura precipitada do local”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.