Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Pablo García Fortes imparte en Mos un curso de 20 horas orientado ós desempregados

A acción formativa está incluída no programa anual “TraballaMOS polo teu Futuro”

O programa anual “TraballaMOS polo teu Futuro” que foi presentado oficialmente o mes pasado organiza unha nova actividade de desenvolvemento persoal e profesional titulada “PreparaMOS”, que será impartida por Pablo García Fortes.

 

O programa “TraballaMOS polo teu Futuro” trátase dunha estratexia de fomento do emprego, con iniciativas de periodicidade mensual, organizada conxuntamente polas concellerías de Formación e Emprego e Educación e Participación Cidadá que dirixen os edís Óscar Soto Abadín e Kely Monzón Otero, respectivamente.

 

[Img #17894]A iniciativa concreta “PreparaMOS” realizarase os días 13 e 20 de marzo, e 10, 17 e 24 de abril en horario matinal de 09.30 horas a 13.30 horas no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos. Esta actividade dividirase en cinco talleres, un por cada día de celebración da mesma: o primeiro taller a desenvolver o 13 de marzo leva por título “CoñeceMOS” e o segundo, que se celebrará o 20 de marzo, titúlase “EnfocaMOS”, o terceiro que será o 10 de abril titúlase “OrganizaMOS”, o cuarto o 17 de abril baixo o título de “VendeMOS”; e o quinto e último será o 24 de abril co título de “DiferenciaMOS”.

 

Os interesados en realizar este curso deberán formalizar a súa solicitude de inscrición presentando o impreso debidamente cumprimentado na Axencia de Colocación. Esta acción formativa é totalmente gratuíta para os participantes na mesma.

 

Os obxectivos deste obradoiro son cubrir tódalas áreas de desenvolvemento persoal, potenciando as capacidades persoais ou profesionais, axudar ao asistente a descubrir o seu potencial interno gracias ao mellor autocoñecemento, facendo consciente do mesmo co fin de desenvolver todo o seu potencial, desenvolver a habilidade clave para conseguir resultados en calquera ámbito da vida, concienciar aos participantes da importancia de xestionar o seu tempo da maneira máis eficaz para poder facer o seu traballo máis áxil, facilitando ferramentas para a administración do tempo, adquirir técnicas e habilidades de venta para mellorar a nosa imaxe persoal, como requisitos e habilidades necesarias para encontrar traballo e elaborar o Plan de Marca Persoal que conleva a elaboración dun plan de acción co fin de acceder ao mercado laboral.

 

Os destinatarios desta acción formativa son as persoas en desemprego do municipio e o número de prazas ofertadas ascende a un total de 20.

 

Nesta actividade aplicarase un método de transformación e desenvolvemento de comportamentos que permita ós alumnos e alumnas facerse máis conscientes do papel que xoga cada comportamento no día a día, ver novas formas de aplicalos, visualizar e comprender con claridade cando funcionan e cando non, incluso cando perxudican, cales combinan mellor cos outros e cales se mesturan mal.

 

O docente, Pablo García Fortes, é Coach Persoal e executivo (ICF), Diplomado en Ciencias Económicas e Empresariais e Master en Dirección Comercial e Mercadotecnia da Escola de Negocios Caixanova.

 

Según Pablo García Fortes, “pasámonos a vida tendo que empezar cun folio en branco sen que ninguén nos prepare para isto, e debemos tomar moitas decisións que afectan a todos os ámbitos da nosa vida. Formúlansenos cuestións como: ¿gústame o panorama que vexo da miña vida?, ¿como podo transformalo ou melloralo?, ¿que dirección lle quero dar á miña vida a partir de hoxe?, ¿como podo cambiar?, ¿que podo facer?, ¿por onde empezo? Pois ben, as respostas a estas e moitas outras preguntas, constitúen o obxectivo deste programa de sesenvolvemento persoal “PreparaMOS””

 

O programa esta enfocado en subministrar aos participantes as habilidades necesarias para que poidan, por eles mesmos, buscar as súas respostas a todas estas cuestións, co fin conseguir os seguistes obxectivos: gañar emplegabilidade, inserirse e/ou incorporarse ao mercado laboral, elevar o seu nivel de motivación para afrontar a busca de emprego, e facilitar a busca de máis oportunidades e solucións no mercado laboral.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.