Provincia
Preto de 1,5 millóns de galegos beneficiaranse do transporte metropolitano
Vázquez Mourelle concreta que unha vez cumpridos os trámites administrativos necesarios activarase en 12 municipios da área metropolitana de Vigo e en 9 concellos doutras áreas nos que xa funciona
O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia operará nos vindeiros meses nun total de 66 concellos galegos, beneficiando a preto de 1,5 millóns de cidadáns. Así o explicou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa intervención parlamentaria, na que precisou que aos 45 municipios adheridos ao plan dende o ano 2010, unha vez cumpridos os trámites administrativos necesarios, sumaranse 21 novos concellos, 12 da área metropolitana de Vigo e 9 que se integran noutras áreas xa existentes.
A titular de Infraestruturas lembrou que a pasada semana avanzouse un paso importante nesta materia, xa que tras anos de negociacións, formalizouse o convenio para a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano en 12 concellos da área de Vigo. Concretou que se trata dun proxecto que se porá en marcha en primavera e ao que se destina un investimento de preto de 12 millóns de euros no período 2015-2019.
Vázquez precisou que é un acordo co que o Executivo autonómico e as 12 administracións locais participantes selan a vontade de entenderse e compartir servizos en beneficio dos cidadáns. Neste sentido, lamentou que este plan nace sen a incorporación da cidade cabeceira, Vigo, e tamén sen outro concello, o de Gondomar, que rexeitou ata en dúas ocasións a súa incorporación.
Ethel Vázquez salientou que é lamentable que unha decisión política impida aos vigueses beneficiarse plenamente das vantaxes que ofrece este plan, xa que coa negativa do alcalde de Vigo a sumarse a esta iniciativa impídeselle aos usuarios do sistema –incluídos evidentemente os cidadáns desta cidade- transbordar gratuitamente ao bus urbano dentro dos seus desprazamentos metropolitanos.
A responsable de Territorio indicou que por parte da Xunta hai vontade para seguir apostando polo Plan de Transporte Metropolitano, o que se traduce na dotación de recursos económicos que posibilitan seguir camiñando por esta senda, posto que os orzamentos deste ano recollen un incremento de preto dun 43% nesta materia.
A Xunta continúa traballando nun dobre obxectivo: por unha parte, expandir o modelo ás áreas de Ourense e Pontevedra, completando deste xeito o mapa do transporte metropolitano nas sete cidades galegas; e ampliar os beneficios do Plan de Transporte Metropolitano nas áreas nas que xa está implantado, facendo extensivo o modelo aos concellos que o soliciten.
Na liña de sumar máis concellos ás áreas xa existentes, o Goberno galego está a ultimar con 9 municipios a implantación deste sistema de transporte público: Baleira, que se integrará na área de Lugo; Curtis, que fará o propio na área da Coruña; A Estrada, Padrón, Santa Comba, A Baña e Vila de Cruces, en Santiago; e Carballo e de Ordes, na da Coruña e na de Santiago.
Resultados satisfactorios
A conselleira de Medio Ambiente remarcou que hai que falar dun plan que se foi estendendo por todo o territorio galego e que hoxe xa está consolidado -con resultados probados e satisfactorios- en catro grandes áreas urbanas da Comunidade. Así, concretou que desde o ano 2011 o plan é efectivo nas áreas da Coruña, Santiago e Ferrol; en 2012 sumouse a área de Lugo; e neste 2015 a Xunta traballará na ampliación dos ámbitos nos que o plan xa está implantado, e para que tamén sexa unha realidade en Ourense e Pontevedra.
Coa posta en marcha do Plan a comunidade galega dotouse dun sistema de transporte no que os galegos ademais de obter importantes bonificacións no prezo do billete, tamén poden disfrutar das vantaxes que lles ofrece un sistema de transporte público eficiente que permite a liberación de espazo físico no centro das cidades; reduce a contaminación; e contribúe á desconxestión e a unha maior fluidez nos tráficos.
Galicia foi unha das primeiras comunidades autónomas de España que apostou e promoveu un sistema de transporte colectivo nos ámbitos metropolitanos, unha iniciativa que daba os seus primeiros pasos no ano 2004 e que a partir do ano 2010 contou cun decidido impulso por parte do actual Goberno da Xunta.
Cómpre lembrar que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia naceu cun obxectivo fundamental: ofrecer aos cidadáns un sistema de transporte público coordinado e atractivo, que servise de alternativa real á utilización do vehículo particular no contorno das grandes urbes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213