Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 13 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

22 entidades de Mos reciben as axudas do Plan Cultural Municipal do 2014

A administración local mosense subvenciona a estas 22 agrupacións cun total de 24.000 euros

[Img #17902]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, entregaron onte pola tarde a liquidación do ano 2014 do Plan Cultural do Concello.

 

En total a administración local mosense repartiu 24.000 euros entre 22 entidades municipais con grupos musicais, de baile, teatro, corais, folcóricos etc. As asociacións beneficiarias que onte acudiron a recoller as súas correspondentes axudas económicas foron: o Círculo Cultural Abrente, o Círculo Recreativo e Cultural As Pedriñas, o Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos, a Asociación de Veciños San Martín de Tameiga, o Círculo Recreativo e Cultural de Torroso, o Centro Cultural e Social de Herville, a Asociación de Veciños Chan do Bosque, a Sociedade Cultural e Recreativa de Guizán, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, o Grupo de Baile e Música Nosa Terra de Pereiras, Celado de Cela, o Grupo Folclórico Arume de Guizán, a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación Cultural Os de Triana, A Cividade de Louredo, Tangaraño, a Coral Ventos do Val, a Coral O Son dos Cantares, Xógara, Asomamos, As Lagharteiras e Xabenga.

 

O Plan Cultural do Concello de Mos ten o beneficio de que calquera asociación ou centro cultural poden solicitar, previa inscrición, actuacións gratuítas con cargo a este plan dun dos grupos ofertados dentro de dito Plan Cultural; sendo o Concello o que asume o custe das actuacións realizadas polos grupos durante o ano. Cada asociación pode pedir actuacións que non sexan dun grupo da súa propia parroquia, para asegurar deste xeito o intercambio cultural entre parroquias.

 

Segundo declarou a edil Sara Cebreiro “o obxectivo do Plan Cultural do Concello é dar apoio ás entidades culturais e veciñais municipais que teñen grupos artísticos para contribuír cos programas culturais e musicais das asociacións, para que estas poidan acadar os seus propios obxectivos, ó tempo que estimulamos a participación de cidadáns e cidadás nas diferentes liñas de acción que definen ditas entidades”.

 

Ademais, outra das finalidades do plan é contrubuír a promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega, así coma todas as accións destinadas á recuperación do seu patrimonio: tradicións, historia, folclore, etnografía, etc.

 

As representantes municipais aproveitaron por último para lembrar que aínda se atopa aberto o prazo de inscrición no Plan Cultural 2015 e que as asociacións interesadas en entrar a formar parte del poden solicitalo ata o vindeiro 19 de marzo, debendo estar previamente inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.