Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Aberta a poxa para a xestión da cafetería do Centro Social de Atios

A Comunidade de Montes de Atios valorará as melloras que presenten os ofertantes para unha óptima xestión do establecemento hosteleiro

[Img #17908]A Comunidade de Montes de Atios, propietaria do Centro Social e Cultural da parroquia, inicia a poxa para adxudicar a explotación e mantemento da cafetería do local social.

 

Todas as persoas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro día 25 de marzo, ás 21:40 h. A continuación, nese mesmo día, procederase a apertura de plicas para coñecer o gañador da poxa. Os participantes poden recoller as bases coas condicións técnicas e particulares do concurso chamando ao teléfono 606 96 81 35.

 

As bases aprobadas pola xunta reitora da Comunidade de montes, Establecen unha cota mínima de arrendamento a partir da cal se realizará a oferta. Asimesmo valoraranse as melloras que presenten os ofertantes para unha óptima xestión do establecemento hosteleiro.

 

A sinatura do contrato de arrendamento co ganador da poxa queda condicionada a súa aprobación pola asemblea xeral da comunidade de montes de Atios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.