Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Feijóo aposta polo “cambio en Pontevedra”

Lamenta o “inmobilismo dunha cidade que require de liderado, criterio, equipo estable e programa”

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acompañou hoxe a Jacobo Moreira na súa presentación como candidato á Alcaldía de Pontevedra. Feijóo avalou o proxecto do partido na cidade e apuntou que é preciso que a cidade do Lérez deixe de ser un mero escaparate par ser un referente económico e social.

 

O dirixente popular lamentou o inmobilismo no que vive instalada a cidade e apuntou que require de liderado, criterio e equipo estable, algo que non ten os concellos que padecen bipartitos, tripartitos e outros gobernos de coalición. “Tamén un programa claro e coñecido, e non propostas que se pacten nun despacho ao día seguinte de perder as eleccións”, apuntou. “Pontevedra debe ser unha cidade tamén na que traballar e non só un lugar no que vivir”.

 

Alberto Núñez Feijóo, que dixo ter “314 bos presaxios que poden facerse realidade o 24 de maio nos 314 concellos de Galicia”, engadiu que “a política é converter en feitos as demandas dos cidadáns”. Deste xeito, Feijóo diferenciou entre o PPdeG e os que non se presentan as eleccións polos seus cálculos partidistas, entre os que queren embarrar a precampaña e a campaña, e entre os populares e os que queren aplicar aquí o que xa fracasou ao outro lado do charco.

 

“Os concellos só prosperan con políticas responsables e non coa frivolidade que nos gobernou en España, que nos gobernou en Galicia e que aínda nos goberna en Pontevedra”, di.

 

O presidente do PPdeG asegurou que os municipios melloran facendo, non prometendo. Deste xeito, Feijóo lembrou que a Xunta fixo grandes cousas na cidade, como mellorar o saneamento, con 26 millóns de euros investidos na explotación da EDAR de Placeres, ou impulsar mellores comunicacións, como a da Ponte das Correntes, a Variante de Marín, ou o Desdobramento da vía urbana Ponte Bora – O Pino.

 

Máis servizos públicos

Tamén apuntou que o seu Goberno traballou nunha mellor Educación Pública, por exemplo, coas melloras comprometidas en distintos colexios e institutos desta cidade. Pero tamén o fixo co impulso de máis e mellores Servizos Sociais Públicos, coa nova gardería da Parda ou rematando o centro de día para enfermos de alzheimer, ase como cun novo Hospital Público ou dun novo edificio xudicial, “que daremos en canto o concello nos ceda os terreos necesarios”.

 

Feijóo dixo estar convencido de que Pontevedra apostará polo PP unha vez máis pero recordou que non vale con gañar cando a outros partidos váleslles o empate a cero para salvarse eles e condenar á cidadanía. “Por iso temos que obter unha maioría suficiente para transformar Pontevedra e transformar aos demais concellos de Galicia”.

 

O presidente do PPdeG aseverou que hai partidos que agora cren ter resposta a todas as preguntas pero que propostas non ten ningunha: “Pensan que inventaron a democracia mentres se opoñen á Transición política que a fixo posible; queren convocar un proceso constituínte pero non respectan a Constitución que nos demos todos; eríxense en voceiros da cidadanía, pero non se presentan ás eleccións que máis importan por un cálculo político; e critican todos os erros que cometemos os demais pero non son capaces de admitir ningún propio”.

 

Fronte a eles, Feijóo di que hai uns galegos que non precisan de ninguén que os adoutrine: “Non o fixo o centralismo, e hoxe temos unha autonomía que hai non tanto sería moi difícil de imaxinar; non o fixo o nacionalismo e hoxe a nosa galeguidade non se concibe como un sentimento excluínte; e non o fará o populismo, porque somos un pobo plural, e non estamos dispostos a que falen no noso nome”, finalizou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.