Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O alto de Puxeiros contará cunha nova instalación de alumeado público LED

O Concello de Mos dota desta tecnoloxía que permitirá reducir “enormemente o importe da factura eléctrica municipal”

[Img #17919]O Concello de Mos iniciou esta semana a acometida do proxecto de instalación de alumeado público  no Alto de Puxeiros, na parroquia de Tameiga.

 

A obra consiste na instalación de alumeado público formada por diferentes puntos de luz, alimentados dende un cadro eléctrico de distribución, a través de diferentes liñas debidamente protexidas. Esta instalación eléctrica parte dun único armario de distribución e, dende o cadro, iluminarase o vial que discorre dende o Alto de Puxeiros ata o límite co Concello limítrofe de Vigo, na zona da rotonda do aeroporto.

 

En toda a instalación adoptarase unha disposición de tresbolillo, coas luminarias en columnas galvanizadas de 9 metros de altura cada unha e duns 30 metros de distancia entre elas. As lámpadas a instalar están dotadas de tecnoloxía LED de 36 watios.

 

Esta obra de instalación de alumeado público exterior suma unha potencia total na instalación de 468 watios que se alimenta de baixa tensión. As luminarias a instalar serán de tipo resistente ás accións da intemperie, estarán dotadas de equipos eléctricos de alto factor de potencia, serán de alto rendemento lumínico con fluxo proporcionado e correctamente repartido, antideslumbramento e cunha vida media-alta. E é que as lámpadas tipo LED teñen unha vida útil de 100.000 horas, reducen a potencia consumida nun 80%, son máis eficaces, reducen nun 80% as emisións de CO2 á atmósfera, non emiten radiación infravermella nin ultravioleta, non conteñen mercurio nin contaminan lumínicamente e teñen unha maior velocidade de acendido.

 

Os traballos, que contan cun prazo de execución aproximado de 4 semanas, contan cun orzamento de preto de 33.000 euros.  

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de alumeado, Luis Alonso, e o edil de Vías e Obras, Alberto Méndez, visitaron esta mañá os recentemente iniciados labores de instalación de alumeado público en Puxeiros; para comprobar de primeira man a boa marcha dos traballos. Así mesmo os representantes municipais destacaron a importancia desta obra, “xa que coa instalación de luminarias tipo LED conseguirase, ó mesmo tempo, reducir o consumo eléctrico ó máximo e, por conseguinte, diminuír tamén o importe da factura eléctrica municipal, sen mermar a calidade e os niveis de iluminación axeitados ás diferentes zonas, segundo o tipo de núcleo, densidade do tráfico soportado, etc.” declararon; e insistiron ademais en que “esta nova instalación non só supón un aforro económico para o Concello, senón que elimina case totalmente as emisións de CO2, reducindo moitísimo a contaminación medioambiental e diminuíndo tamén sensiblemente a contaminación lumínica”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.