Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Medio Ambiente acondiciona as marxes da estrada Guillarei– A Rañada (PO-404), en Tui

Os traballos consisten na substitución do pavimento existente nas bandas de aparcadoiro por unha mestura bituminosa en quente

[Img #17922]A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a acondicionar as marxes da estrada autonómica PO-404 (Guillarei – A Rañada), no Concello de Tui, pavimentando a banda de aparcadoiro. Os traballos foron supervisados no día de onte polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que visitou a zona xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

 

A actuación ten por obxecto mellorar o estado dos marxes da estrada entre os puntos quilométricos 1+200 (en Guillarei) e 5+850, en Baños de Caldas. Neste vial executáronse en 2009 beirarrúas separadas da calzada por unha banda de terreo que ven sendo utilizada coma zona de aparcadoiro.

 

A banda de aparcadoiro conta unicamente cun pavimento de zahorra no que con frecuencia crece maleza e se forman fochas. Para solucionar estes problemas o departamento de Infraestruturas iniciou a semana pasada o acondicionamento desta superficie.

 

As obras consisten no fresado da zahorra existente nos sobreanchos (que suman unha superficie superior aos 1.200 m2), e a posterior extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente cun espesor medio de 5 cm. Esta solución permite igualar a cota da calzada coa do aparcadoiro, evita o crecemento de maleza entre a calzada e as beirarrúas existentes, e mellora ademais a drenaxe da estrada.

 

A actuación se está a levar cabo mediante o contrato de conservación integral e suporá un investimento superior aos 40.000 euros.

 

Este tipo de traballos son unha mostra da aposta firme da consellería que dirixe Ethel Vázquez por mellorar o estado de conservación das estradas pertencentes á Xunta de Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.