Salceda de Caselas
O PP indica que os préstamos amortizados anunciados polo bipartito foron para a compra de patrimonio municipal
O Partido Popular de Salceda de Caselas acusa ao alcalde de facer demagoxia á hora de anunciar a cancelación de préstamos que datan de cando o PP estaba ao fronte do Goberno local. “Estamos ante unhas cantidades de diñeiro que se pediron para a mellora de Salceda e dos seus habitantes, para a compra de patrimonio e a creación de espazos para o uso e desfrute da veciñanza”, sinala o presidente e concelleiro do PP local, Santiago Rodríguez Davila.
Concretamente, os créditos amortizados foron para a compra dun piso onde está a logopeda, “é dicir, ofrece un servizo á cidadanía e supón unha achega ao patrimonio municipal por un importe moi baixo se o comparamos ca propiedade que é, pouco máis de tres millóns das antigas pesetas”. Por outra parte, foron 120.000 euros para a urbanización da rúa Rollo, incluíndo aquí tamén obras na escola de música, “co que agora temos unha novo espazo público e rúa aberta; cantas abriu o señor Besada? Ningunha”. E os outros dous préstamos destináronse ao acondicionamento da Escola Obradoiro de Torrón, 83.000 euros. “E todos eles foron cancelados o pasado ano 2014, incluso algún xa no mes de maio, e casualmente é agora, preto dos comicios electorais, cando o alcalde e o seu equipo de goberno o fan público, é dicir, emprégano como unha arma propagandística cando en realidade non o é”, subliña Rodríguez Davila.
Pola contra- segundo o PP- e no lado adverso a estes catro préstamos, atópanse outros creados durante o mandato Bipartito por moito maior importe e cuxos fins son moito menos beneficiosos para os veciños e, sen embargo, “destes non din nada”. Son case que 2 millóns de euros: máis de 406.000 euros destinados a un préstamos para cubrir obras do orzamento de 2008 (que rematará en xullo de 2017), case que 800.000 euros a pagar en 10 anos para sufragar facturas de provedores dende o ano 2008 a 2012 e 766.500 euros para obras varias (que finalizará en marzo de 2019).
Con todo, “se nos comportásemos como o Bipartito e o PP volve gobernar botarémoslle na cara aos actuais concelleiros e alcalde os créditos xerados”. Neste sentido, dende o Partido Popular destacan que, precisamente, no último pleno aprobouse a compra do edificio da cámara agraria por un importe de máis de 50.000 euros, “algo similar ao sucedido co piso da logopeda municipal”, o cal tamén se tardará dez anos en pagar, “iso significa que unha vez rematado ese período, no anos 2025, o alcalde que estea ao fronte do Concello criticará ao Bipartito actual a si, sen máis, como eles o fan agora?”.
“Alardean de amortizar estes catro préstamos pero do que non presumen é da débeda que a día de hoxe ten o Concello xerada en gran parte no seu mandato e sen preocuparse dela subindo o gasto en soldos”, puntualiza Rodríguez Davila, á vez que recorda os case que 3 millóns de débeda actual do Concello de Salceda e que se desglosa en 1,3 millóns con entidades de crédito e 600.000 euros a devolver ao Estado polas liquidacións dos anos 2008, 2009 e 2011, ao que hai que sumarlle os máis de 750.000 euros de remanente de tesourería e as facturas pendentes de pago.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191