Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Abre as súas portas o albergue de peregrinos xestionado pola Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña

Unha parte do local social habilitouse para tal fin, mentres que o resto das instalacións continuarán a usarse, como sempre, para a realización de cursos e actividades

[Img #17984]

O pasado día 14 abría as súas portas o novo albergue de peregrinos de Mos instalado no local social da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña. Con motivo da apertura, as instalacións recibiron a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, que estiveron acompañadas polo presidente da asociación veciñal, José Manuel Pousada Fernández, e demais membros da directiva da mesma, así coma habitantes da zona de Veigadaña.

 

A A.V.V. de Veigadaña decidiu que unha parte do local da asociación sexa empregado como Albergue de Peregrinos, ó atoparse o edificio ubicado en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela; e precisar o Concello de Mos de máis prazas de albergue posto que, ata o de agora, tan só existía un único albergue de peregrinos.

 

A relevancia da creación deste novo albergue radica, en primeiro lugar, en que será un importante motor para o barrio da Veigadaña, xerando na zona un movemento que repercutirá positivamente no aumento do consumo, creación de postos de traballo, etc. En segundo lugar este albergue serve de reforzo ó de Santa Baia, na parroquia de Mos, que soe estar desbordado ó tratarse do único Albergue de Peregrinos existente no municipio mosense ata o de agora; polo que beneficiará, en xeral, a todo o Concello e a tódolos camiñantes que desexen facer parada e pernoctar en Mos.

 

Segundo explicaba Pousada  o albergue permanecerá aberto diariamente en horario de 13.00 horas a 22.00 horas cando non haxa peregrinos aloxados, mentres que se hai peregrinos abrirase a primeira hora da mañá para dar servizo de almorzos. O presidente da agrupación veciñal apuntou tamén que foi a propia Axencia de Turismo de Galicia, que asesorou á Asociación de Veciños durante todo o proceso de estudio, deseño, proxección e tramitación deste novo albergue.

 

Durante o presente ano 2015 o albergue da Veigadaña permanecerá aberto durante a tempada alta de peregrinaxe a Santiago, isto é, ata finais de outubro aproximadamente.

 

Os usuarios destas instalacións contan, ademais de con servizo de aloxamento, con cafetería, posibilidade de selado da cartilla para a obtención da Compostelana e material gráfico con información turística sobre o Camiño de Santiago Portugués, sobre a provincia de Pontevedra e sobre o Concello de Mos.

 

Por último, Pousada quixo agradecer o apoio do Concello de Mos a este proxecto e puntualizar que só unha parte do local social da A.V.V. Veigadaña se habilitou como Albergue de Peregrinos, mentres que o resto das instalacións continuarán funcionando como ata o de agora, como sede da asociación. “Os veciños e veciñas da Veigadaña poderán seguir participando como sempre en tódalas actividades e cursos que organizamos no local da Asociación”, declaraba o presidente, quen concluiu aproveitando para animar ós habitantes da zona que aínda non o fagan, a participar nas iniciativas promovidas pola Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.