Mos
Os cativos de Mos, futuros condutores e peóns responsables
A concellería de Educación e Participación Cidadá organiza, un ano máis, sesións de concienciación nos colexios coa colaboración da DXT e a Policía Local
Hoxe iniciouse no Colexio de Atín unha actividade de fomento da seguridade viaria no ámbito escolar promovida pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá coa colaboración da Policía Local de Mos. A esta primeira sesión asistiron tamén a edil responsable desta iniciativa, Kely Monzón, dous policías locais, dous examinadores da Dirección Xeral de Tráfico, un técnico da DXT e a psicopedagoga da concellería de Educación e Participación Cidadá.
Monzón explicaba esta mañá respecto da actividade que hoxe deu comezo que “cada día, nas nosas carreteiras, teñen lugar accidentes de tráfico que, na maior parte dos casos, poderíanse evitar cunha conduta axeitada á hora de circular pola calzada. Os/As nenos/as non son alleos ao fenómeno do tráfico, dende os primeiros anos de vida están inmersos neste entorno, e é nestas idades temperás cando é preciso transmitir boas actitudes como condutor, acompañante e, sobre todo, como viandante, tendo sempre en conta as peculiaridades do noso Concello (carreteiras estreitas e con curvas, menos iluminación que nas grandes cidades, etc.). Conscientes desta situación, dende a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos organizamos un programa preventivo sobre seguridade vial, a desenvolver nos centros educativos, co que pretendemos colaborar na educación dos máis pequenos e pequenas xunto coa inestimable participación de Helena, técnica especializada da Dirección Xeral de Tráfico, e coa colaboración da Policía Local e a Garda Civil”.
Este programa vai dirixido aos alumnos/as da etapa de Educación Infantil e de 3º de Primaria, dos centros educativos de Mos. Os colexios que se beneficiarán desta iniciativa son o de Atín, o CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, o CEIP de Petelos, o CEIP Pena de Francia, o Colexio LAR, e o CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.
Os obxectivos desta actividade son, fomentar entre o alumnado a conciencia cidadá e desenvolver hábitos que favorezan unha actitude viaria responsable, colaborar na seguridade dos escolares do noso Concello, fomentar actitudes responsables e seguras á hora de circular pola calzada, dentro ou fora dun vehículo, lograr que os máis cativos coñezan a principais sinais de tráfico e aprendan a respectalas, promover a autonomía persoal, e dar a coñecer o traballo da Policía Local e da Garda Civil como servizos de axuda.
Os contidos que se impartirán nestas accións didáctico-preventivas son: o peón acompañado (Infantil) e autónomo (Primaria), o uso dos vehículos dende a condición de pasaxeiro, principais normas e sinais de tráfico, os distintos vehículos oficiais e os servizos que ofrecen e o traballo da Policía Local.
Ademais de reforzar a figura de peón acompañado e o do cinturón de seguridade e os sistemas de retención infantil, durante as sesións analízanse os elementos da rúa, incidindo na identificación e diferenciación dos conceptos das beirarrúas, bordillo e calzada. Tamén trataranse as normas de comportamento como viaxeiros de vehículos particulares e escolares.
A través da colaboración dun policía local, amosaráselle aos alumnos/as os distintos vehículos oficiais para que poidan identificalos correctamente, diferenciándoos segundo os servizos que ofrecen, e saiban como dirixirse a eles.
Os/as alumnos/as tamén percorren, durante a parte práctica da sesión, un circuíto en triciclos, patinetes, correpasillos ou como peóns, tendo que respectar as diferentes sinais de tráfico, como por exemplo, o estado dos semáforos, os stops ou as direccións obrigatorias. Deste xeito poden comprender dende pequenos como se debe de actuar e responder na calzada ante os distintos elementos, persoas, beirarrúas, sinais, outros vehículos, etc. Na realización desta actividade os cativos están acompañados por un policía local, o monitor da unidade móvil da DXT, e o examinador da Xefactura.
Cada un dos grupos está dividido en dúas partes equitativas, e mentres uns realizan a visita ós vehículos oficiais os outros fan o circuíto, e viceversa. A actividade comezou hoxe no CEIP de Atín-Cela e rematará o vindeiro 27 de marzo no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101