Ponteareas
Ponteareas otorga a mención de Fillo Adoptivo a Juan José Pérez Labaca
Labaca, finado no 2014, foi unha persoa moi coñecida e querida en Ponteareas, onde ao longo de moitos anos desenvolveu o seu labor de profesor, escritor, investigador, divulgador dos costumes, tradicións e cultura de Ponteareas e comarca, así como foi membro da Corporación Municipal de Ponteareas durante varias lexislaturas.
A viúva de Juan José Pérez Labaca, Magdalena Diz Sotelino, recollía o pasado venres, día 13 de marzo, a distinción honorífica de Fillo Adoptivo, concedida polo Concello de Ponteareas a título póstumo, ao seu esposo Juan José Pérez Labaca, finado no 2014, persoa moi coñecida e querida en Ponteareas, onde ao longo de moitos anos desenvolveu o seu labor de profesor, escritor, investigador, divulgador dos costumes, tradicións e cultura de Ponteareas e comarca, así como foi membro da Corporación Municipal de Ponteareas durante varias lexislaturas.
Nun acto moi emotivo, levado a cabo no salón de sesións da Casa do Concello, baixo a presidencia do alcalde, Salvador González Solla, acompañado do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, e da viúva do homenaxeado, fíxoselle entrega a esta do diploma acreditativo da distinción de Fillo Adoptivo, a título póstumo, a Juan José Pérez Labaca, co cal o Concello de Ponteareas quixo recoñecer os méritos e a traxectoria de don Juan José Pérez Labaca a prol do concello de Ponteareas durante a súa vida, xunto coa certificación do acordo plenario do seu nomeamento, así como da insignia de solapa de ouro do escudo do Concello de Ponteareas. Ademais, do afecto e cariño de todos os veciños que o consideraban como un ponteareán máis, o alcalde destacou neste acto o labor de Labaca como cronista da vida e historia de Ponteareas.
A familia do homenaxeado estivo arroupada polos membros da Corporación, autoridades, amigos e veciños que viñeron ratificar coa súa presenza o sentir popular deste nomeamento .
Así mesmo, este acto ao que asistiu numeroso público que fixo pequeno o salón de sesións, contou ao longo do mesmo coa interpretación musical de “Voces do Arrieiro”, grupo de música popular ligado e tan querido por Juan José Pérez Labaca, que interpretou varias cancións na honra da memoria do homenaxeado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149