Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

As asociacións inician os cursos de Tempo de Lecer

Esta iniciativa organízase con periodicidade anual ante a gran demanda de colectivos e particulares

[Img #17997]Esta semana inciáronse os cursos de Tempo de Lecer nas asociacións mosenses, sendo o Círculo Recreativo e Cultural de Torroso a primeira agrupación en inaugurar este programa formativo e de ocio durante o presente ano 2015, coa súa primeira clase de pintura en seda e tea. Ó inicio do curso en Torroso asistiu tamén a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, responsable organizadora desta iniciativa anual que, edición tras edición, logra tantos adeptos.

 

Tras a apertura do curso no C.R.C. de Torroso, fixeróno a Asociación de Veciños Chan do Bosque, de Amieirolongo parroquia de Sanguiñeda, que recibirá clases de manualidades en tea, madeira, coiro e outros materiais; e o Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras, que será receptor dun taller de pandeireta e canto. Outros cursos que se impartirán nun total de 16 asociacións mosenses son guitarra e percusión, cestería, ximnasia de mantemento, elaboración de licores, teatro, baile tradicional, automaquillaxe, herbodietética, calceta, hipopresivos, cociña elaborada, informática, encaixe de palillos, ganchillo, ioga, etc.

 

O importe a aboar por cada alumno/a dos cursos de Tempo de Lecer será a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se impartirá o curso ou obradoiro no que estea interesado/a.

 

Cada un dos obradoiros conta cun mínimo de 12 persoas e un máximo de 20 (ou o que determine o monitor encargado de impartilo). Nalgunhas destas actividades, que non requiren atención individualizada por parte da persoa que a imparte, poden chegar ata 25 participantes. Os obradoiros realizaranse entre o presente mes de marzo e novembro, parándose no mes de agosto por vacacións.

 

Tal e como explicou a edil Kely Monzón “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades  económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.