Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 20 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos logra ampliar en case 400 o número de horas asignadas ó Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes

Ademais a administración local mosense aumentou a partida orzamentaria deste ano destinada a servizos sociais reservando a parte correspondente para este fin

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Benestar Social mosense, Sara Cebreiro, informaron o pasado venres de que a consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeulle ó Concello 380 horas máis do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas en situación de dependencia (SAF), a maiores das que xa dispoñía ata o de agora.

 

Gracias a esas preto de 400 horas a maiores daráselle servizo a 6 veciños máis en situación de dependencia, dos cales 4 pertencen á categoría de grado 3 e 2 ó grado 2 de dependencia. Estas 6 persoas beneficiarias son as de máis alta situación de dependencia de entre as integrantes da lista de espera para o SAF en Mos.

 

Ó incorporar 6 novos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar ós 35 xa existentes, a partir de agora beneficiaranse deste servizo un total de 41 mosenses valorados en situación de dependencia.

 

Anualmente invístense na prestación deste servizo no municipio de Mos preto de 400.000 euros, dos cales aproximadamente 300.000 son subvencionados pola Xunta de Galicia e a contía restante é asumida entre o propio Concello e a parte de copago que aportan os familiares dos veciños dependentes.

 

Dende a administración local mosense levábase meses traballando para intentar ampliar o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas en situación de dependencia, polo que a ampliación de preto de 400 horas a maiores considérase todo un logro.

 

O Concello de Mos cursou solicitude á consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e ademais a administración local mosense dispuxo dunha partida presupostaria do orzamento 2015 destinada a este servizo ampliando para elo a contía da partida destinada a servizos sociais respecto do pasado ano 2014.

 

Detalles do servizo

 

Os beneficiarios do servizo son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato.  O único requisito  para poder optar a este servizo é estar en situación de dependencia e ter o SAF como recurso idóneo.  

 

Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.

 

O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia e retardar ou evitar a institucionalización.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.