Provincia
Medio Ambiente salienta a funcionalidade da A-57 como circunvalación de Pontevedra e alternativa á AP-9
O director da Axencia Galega de Infraestruturas sinala que esta actuación de 6,5 quilómetros comeza á altura do enlace da Ermida e finaliza no punto quilómetro 6,5 de xeito que a conexión do seguinte treito poida evitar a mámoa de San Román-O Cruceiro
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, salienta que a futura A-57 será unha circunvalación de Pontevedra e mellorará a conectividade co Aeroporto de Peinador, configurándose como unha alternativa á AP-9 libre de peaxe. Así o puxo de manifesto o director da Axencia de Galega de Infraestruturas, Francisco Ménendez, durante a súa intervención o pasado venres na eComisión 2ª, onde recordou que se trata dunha actuación proxectada polo Ministerio de Fomento como vía de alta capacidade para as comunicacións no arco sureste da cidade de Pontevedra, que xa está en avanzado estado de tramitación.
Con este vial facilitarase a comunicación entre a N-550 e a N-541 e dotarase de maior accesibilidade á zona leste da cidade, así como ao polígono industrial do Campiño e a plataforma loxística da Reigosa. Deste xeito preténdese reducir a presión circulatoria sobre o acceso sur a Pontevedra.
Esta obra, xunto coa dos treitos A Ermida-Pilarteiros, Pilarteiros-Barro e coa conexión coa AP-9 en Curro, constituirá a futura circunvalación de Pontevedra da A-57. O treito, de 6,5 quilómetros de lonxitude, comeza á altura do enlace da Ermida, sobre o punto quilométrico 4 da estrada autonómica PO-532, e finaliza no punto quilométrico 6,5 de xeito que a conexión do seguinte treito poida evitar a mámoa de San Román-O Cruceiro.
Ao mesmo tempo, a A-57 permitirá, na súa prolongación cara o sur, conectar o aeroporto de Peinador. Deste xeito, será unha alternativa a Rande sen peaxe e que permitirá mellorar a articulación territorial e mobilidade na zona sur da Comunidade.
Por último, o director considerou que sería unha postura máis lóxica que os cambios que se están a demandar dende a oposición se formularan durante a fase do estudo informativo e non despois de toda a tramitación necesaria para levar a cabo a obra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208