Mos
O PP de Mos crea a plataforma dixital ‘Propón Mos’ buscando a participación dos veciños na confección do programa electoral mediante
Onte o Partido Popular de Mos presentou na súa sede local, sita en Petelos, a iniciativa ‘Propón Mos’, concebida como “unha plataforma dixital de participación cidadá orientada a planificar o modo de crear un Mos mello”r.
Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata do PP de Mos para os vindeiros comicios electorais de maio, Camilo Augusto, presidente do Partido Popular mosense, Leo Costas Alonso, presidente de Novas Xeracións, e os demais membros integrantes do Comité Local do partido.
Durante o acto, Arévalo e Costas explicaron que “’Propón Mos’ é un portal on line no que “calquera veciño ou veciña de Mos pode aportar as súas ideas ou suxestións para mellorar o municipio, cubrir necesidades cidadás, optimizar a calidade de vida dos e das mosenses… calquera proposta será escoitada e respostada por nós con todo o cariño e atención”, dixo.
E é que o PP de Mos está a iniciar a elaboración do seu programa electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio e para elo queren “coñecer as opinións, ideas e propostas dos veciños e veciñas interesados en colaborar co seu proxecto”.
Todas as propostas de todos os participantes serán lidas e respostadas. O equipo do Comité Local do PP de Mos valorará cada unha das suxestións incluíndo no programa as consideradas máis interesantes e factibles. Segundo explicaba Nidia Arévalo “o máis interesante desta iniciativa é que se decides ser un dos colaboradores de ‘Propón Mos’ a túa idea pode chegar a ser unha realidade no futuro próximo do Concello”.
A candidata mosense concluiu insistindo en que “En ‘Propón Mos’ buscamos veciños e veciñas, novos e maiores, implicados, ilusionados, activos, comprometidos… Mosenses decididos a propoñer por e para un Mos mellor e que serán escoitados e respostados gracias a esta plataforma interactiva na que a reciprocidade co interlocutor é veraz e será tanxible, non só por escrito senón tamén na práctica da xestión municipal”.
Os interesados en participar en ‘Propón Mos’ poden acceder a esta plataforma on line de participación cidadá a través da web www.portodooqueimportamos.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101