Ponteareas
O BNG incorpora as propostas veciñais no programa de goberno para Ponteareas
Xosé Represas: “non incluiremos promesas que non se poidan realizar”
O BNG de Ponteareas aprobou o pasado xoves, en asemblea aberta, as liñas xerais do seu programa de goberno, “un programa para cambiar o rumbo do Concello con medidas realistas e que incorpora máis de 100 propostas veciñais, propostas para solucionar problemas concretos. Un programa que recolle as prioridades de Ponteareas que se poden cumprir en 4 anos, non incluiremos promesas que non poidamos realizar”, declarou Xosé Represas, candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ponteareas.
Represas indicou as principais liñas políticas do programa nacionalista; medidas para incentivar a creación de emprego e a actividade comercial cunha partida económica específica, unha profunda modificación dos servizos sociais para centralos nas persoas máis castigadas pola crise, con medidas que apostan por unha xestión transparente e con participación veciñal como mellor fórmula para loitar contra a corrupción e o enchufismo no Concello, rematar o Plan Urbanístico, modernizar a xestión municipal e dar resposta inmediata ás reclamacións da cidadanía.
O candidato do BNG tamén destacou que “revisaremos o IBI, o imposto de obras, de vehículos e o conxunto de taxas e impostos municipais para rematar coa brutal suba de impostos aprobada por PP e ACIP”. “Solla só sabe subir impostos, rebaixar o diñeiro destinado a investimentos e endebedar ao Concello para manter o tinglado do PP” insistiu Represas.
Xunto a esta medidas, ás liñas de traballo de Represas inclúen unha aposta clara por unha xestión que mellore a calidade de vida da cidadanía para facer de Ponteareas un concello e unha vila con actividades de ocio, cultura, deporte, etc., que dinamice o comercio e potenciar Ponteareas como centro de servizos de toda a comarca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129