Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Melloras nas áreas de recollida de lixo e as zonas verdes

Instalaranse novas bases e isletas de contedores, ademais de incrementar as unidades adicadas á reciclaxe. Dos espazos naturais encárgase unha brigada de 8 traballadores contratados mediante o Plan de Emprego da Deputación

[Img #18089]O Concello de Mos está a levar a cabo un plan de mantemento de espazos públicos tales coma áreas de recollida de lixo, zonas verdes, fontes, sendeiros e muíños.

           

Os concelleiros mosenses de Úrbanismo e Medio Ambiente, e Parques e Xardíns e Limpeza Viaria, Julia Loureiro e Cándido Pérez, respectivamente; informaron hoxe de que están a ser construídas unhas 20 bases novas para ubicar contedores, e instalados anclaxes naqueles lugares nos que era preciso. Estas bases están a ser distribuídas polas distintas parroquias nas que eran necesarias e vanse rematar en cor verde para que se mimeticen coa paisaxe evitando o impacto visual e mellorando a estética destas zonas.

 

Os representantes municipais explicaron ademais que, aproveitando a acometida destas novas bases, estase tamén a realizar un estudio de reagrupación de contedores que implica a creación de novas isletas. Nalgunhas destas isletas inclúense contedores de aceite adaptados para poder depositar directamente neles a botella co seu correspondente contido. E por outra banda os antigos contedores de aceite con forma de xaula, moi útiles nalgunhas zonas do municipio, estanse a optimizar tamén con traballos de adecentamento, limpeza, pintado e reposición de bidóns e rexas, nos casos nos que era necesario.

 

A maiores a rede mosense de puntos de recollida e reciclaxe de lixo estase reforzando con máis unidades destinadas á reciclaxe de vidro e papel e cartón, pero sobre todo con contedores amarelos, que son os destinados á reciclaxe de envases lixeiros.

 

Respecto dos labores de mantemento de espazos públicos os edís Loureiro e Pérez declararon que “gracias ó Plan de Emprego da Deputación contamos cunha brigada de 8 traballadores adicados a reforzar o servizo de recollida de enseres e a optimizar as áreas verdes e de lecer”. Estes 8 operarios, que actualmente atópanse traballando no Sendeiro dos Muíños da Salgueira, en Pereiras, adecentando a propia senda peonil e reparando os muíños, velarán pola limpeza das zonas de contedores recollendo os enseres alí depositados e cuxo desfeito non corresponde nelas senón no Punto Limpo da Veigadaña, e adicaranse ó óptimo mantemento de zonas naturais entre as que se atoparán áreas de lecer, fontes, muíños e sendeiros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.