O presidente da Xunta clausurou a xornada Marca España: un esforzo conxunto cara a unha industria innovadora e global
Feijóo refírese á Marca España como unha aventura colectiva con obxectivos compartidos na que tamén está Galicia
Subliña que Galicia conta cunha economía internacionalizada, superando en 2014 o seu propio récord histórico de empresas con base exportadora, e co obxectivo de que o peso das exportacións chegue ao 40% do PIB mediante a Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse onte á Marca España como unha aventura colectiva con obxectivos compartidos na que tamén está Galicia, unha Galicia que sabe traballar, crear e que está a apostar pola innovación.
Durante a clausura da xornada Marca España: un esforzo conxunto cara a unha industria innovadora e global, Feijóo subliñou que Galicia conta cunha economía internacionalizada, superando en 2014 o seu propio récord histórico de empresas con base exportadora. O peso das exportacións supera o 33% do PIB, e o obxectivo é que chegue ao 40% mediante a Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020.
Nesta liña, afirmou que detrás destes datos que permitiron apuntalar piares económicos como o téxtil, a automoción, ou o naval, atópanse actuacións nas que se mesturaron o prestixio gañado polos técnicos e profesionais galegos, a estabilidade institucional e social e tamén a reputación que foron forxando os emigrantes, que alí onde chegaron implantaron unha nova idea do español. “O seu traballo, a súa honradez, o seu sentido do deber, a súa capacidade para integrarse na sociedade anfitrioa, foron forxando o que hoxe se coñece como Marca España”, afirmou sobre este último punto.
Feijóo incidiu en que grazas a todo iso, Galicia é un punto de encontro “onde se dan cita grandes empresas galegas que saen ao exterior, e grandes empresas do exterior que veñen aquí, para converterse, tamén elas, en galegas”.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta subliñou que para abrirse ao mundo era preciso unha loxística, “e Galicia conta con ela”. “Estabamos preparados cunha mentalidade e unha acción política destinadas a facer de Galicia unha das plataformas de entrada e saída de Europa”, dixo, destacando que, en materia portuaria, Vigo é unha das tres zonas francas que existen en España; o porto exterior da Coruña forma xunto co de Ferrol un dos grandes portos exteriores do continente europeo; “e a eles súmase unha ampla rede de autoestradas que nos unen a España e Portugal por catro vías diferentes, e a alta velocidade ferroviaria pronto conectará Galicia con Madrid”.
Atraer ás mellores ideas
Ademais da internacionalización e conectarse ao mundo globalizado, Feijóo aseverou que o inmobilismo non é unha opción nin para Galicia nin para España. “Sabemos que temos unha grande fortaleza histórica como país, pero que habemos de reforzar cun intenso exercicio de innovación, no que esta Comunidade xa está a traballar”, asegurou.
Ao fío disto, afirmou que Galicia tomou esa testemuña coa Axenda para a Competitividade Industria 4.0, “que busca reinventar o noso tecido industrial para facer del o 20% do noso PIB. Implantar a fábrica intelixente é un dos piares máis importantes para iso”, incidiu.
Logo de cualificar estes obxectivos de “ambiciosos”, Feijóo afirmou que o medio principal para conseguilo é, sen dúbida, atraer as mellores ideas. “E, Galicia tamén o está a facer xa, con programas de innovación aberta, a través de iniciativas como Innterconecta e Conecta Pemes, que están mobilizando máis de 260 millóns”, salientou.
Nesta mesma liña, referiuse ademais ao programa de Unidades Mixtas de Innovación, enmarcado na Estratexia de especialización intelixente que mobilizará 1.600 millóns en proxectos innovadores ata 2020 en sectores tan relevantes como a automoción, a enerxía, a biotecnoloxía ou, recentemente, tamén o agroalimentario. “Unha iniciativa tan ben acollida que outras 15 grandes empresas nos pediron que lancemos unha nova convocatoria do programa nove meses despois da primeira”, precisou, ao que engadiu que Galicia está labrándose unha reputación sólida, “e esta é a proba”.
Feijóo concluíu destacando a posta en marcha do programa Oportunius como unha proba máis do compromiso da Xunta coa investigación e a innovación; un programa que busca o retorno de científicos como Diego Martínez, proclamado non hai moito como mellor físico mozo de partículas de Europa. “E, ademais da súa, están planeadas vinte e tres contratacións máis de investigadores”, lembrou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101