Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O BNG reclámalle a Carrera e Coto que deixen o goberno

[Img #18093]A dous meses das eleccións, Manuel Carrera anuncia a súa marcha do PP xunto con Marcelino Coto, para aparecer nunha candidatura denominada “Unión Democrática da Louriña”.

 

Para o BNG do Porriño “pretenden desmarcarse de Santos e facernos esquecer que ambos foron cómplices políticos necesarios da trama corrupta. Non se pode afirmar que se está ao marxe desta forma irregular de xestionar o concello despois de participar durante catro anos en todas e cada unha das decisións aprobadas polo goberno. Por decencia política e sobre todo por respecto aos veciños e veciñas, Carrera e Coto deberían dimitir das súas responsabilidades e deixar o goberno” explican dende a formación nacionalista.

 

“Como temos afirmado repetidamente, o BNG non contempla no Porriño entendementos con escindidos do PP. Manuel Carrera e Marcelino Coto seguen formando parte dun goberno investigado por prevaricación, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos, fraude ilegal e delito contra o dereito dos traballadores. Que se presenten ás eleccións de maio formando parte dunha lista diferente da do PP non fai mudar esta situación. Non é a primeira vez que intereses personalistas da dereita orixinan a aparición de listas ‘independentes’ no noso municipio que na práctica en nada se diferencian do PP. O Porriño precisa dun cambio real que faga recuperar a confianza da veciñanza na política. A candidatura BNG-Asembleas Abertas quere liderar, desde a esquerda e o nacionalismo, unha alternativa real á dereita para garantir que este cambio se produce” explican dende o BNG nun comunicado de prensa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.