Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 28 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A OMIX de Ponteareas anuncia a apertura do prazo de inscrición para os campamentos de verán 2015

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas ven de anunciar que ata o vindeiro 8 de abril está aberto o prazo  para inscribirse nos Campamentos de Verán de 2015 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 

A participación na oferta da Campaña de verán 2015 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple   -para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás-.

 

Os campamentos son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da  idade e das actividades que se leven a cabo nel: de voluntariado nas quendas Implíca-T -novidade nesta Campaña de verán 2015, para os mozos e mozas de 14 a 17 anos- e actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...).

 

Ademais dos Camapamentos, a Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, (Campos de traballo, Actividades de 18 a 30 anos, e Oferta Concertada ) que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

 

Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 10 54 68

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.