Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 27 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

Mil escolares visitarán en abril o castro de Santa Trega na Guarda

Trátase dun proxecto educativo e céntrase no mundo dos castros do Noroeste da Península Ibérica ofertando aos centros escolares de Primaria e Secundaria dos concellos da zona próxima á Guarda un programa que constará de visitas guiadas e obradoiros didácticos gratuítos para 1.000 alumnos de Galicia. EduCastro está financiado polo Ministerio de Cultura, a Consejería de Cultura do Principado de Asturias e o Concello da Guarda.

 

O programa realizarase en datas pechadas durante o mes de abril ata esgotar as prazas dispoñibles. Tanto as visitas como os obradoiros didácticos están financiados polo Concello da Guarda e o Ministerio de Cultura.

 

A programación comezará con visitas guiadas ao castro de Santa Trega de 45 minutos máximo de duración e continuará cun obradoiro didáctico sobre os modos de vida na Idade do Ferro (s.VIII a.C.-II d.C.). Cada obradoiro adaptarase ás idades e ciclos específicos.

 

Por outra banda, o proxecto EduCastro completarase cunha plataforma web con aula virtual (www.educastro.es) á que os docentes poderán acceder para consultar diversas unidades didácticas e recursos docentes para poder traballar cos alumnos na aula así como unha app con diversas seccións de avaliación de contidos e xogos interactivos. Todas as visitas son gratuítas excepto o desprazamento ao castro e están patrocinadas polo Concello da Guarda e o Ministerio de Cultura.

 

As visitas organizaranse en quendas de dúas horas de duración por cada autobús visitante.

 

Para máis información e reservas contactar con reservas@galipat.es ou no teléfono 660 468 394.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.