Mos
Xa está publicada a revocación da variante do trazado da A-55 que afectaba a Mos
Tras este trámite Fomento lle poderá dar luz verde ó Concello para aprobar o Plan Xeral
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que o pasado día 26 foi publicado no BOE (Boletín Oficial do Estado) o anuncio da Demarcación de Estradas de Galicia do Ministerio de Fomento polo que se revoca a aprobación definitiva, que databa de setembro do 2007, da “Variante de trazado da autovía A-55. Tramo: Porriño-Vigo” no subtramo comprendido entre o enlace de Mos e o enlace de Porriño.
Respecto desta “boa nov”a a rexedora local mosense declarou que “este é un gran logro que creo que tódolos mosenses celebramos de corazón porque ó fin fomos escoitados. O Concello de Mos non podía permitir que se volvese a cercenar ó municipio cun novo trazado e a alternativa de mellorar o trazado actual da A-55 e salvar as curvas máis perigosas cun túnel era, a todas luces, a opción máis beneficiosa para todas as partes. Por todo elo teño que agradecer enormemente a colaboración e sensibilidade da ministra de Fomento, Ana Pastor”, dixo Arévalo.
E é que, ademais, esta publicación no BOE da eliminación do trazado da nova autovía Vigo- O Porriño que afectaba a Mos implica que Fomento lle dará xa luz verde ó Concello de Mos para aprobar definitivamente o PXOM, que xa está rematado.
Neste sentido Nidia Arévalo avanzou que se reunirá coa oposición para decidir conxuntamente se se aproba o Plan antes ou despois das eleccións, e informou de que a este respecto quere escoitar con detalle ós voceiros da oposición e tenderlles a man para tomar unha decisión unánime e en consenso.
A alcaldesa mantivo unha xuntanza co equipo redactor do Plan Xeral e os voceiros dos grupos políticos da corporación para avanzar as xestións necesarias previas á aprobación definitiva do PXOM.
Con todo o traballo do Plan Xeral rematado, agora só falta o informe do Ministerio de Fomento para poder concluír, informe que xa pode ser emitido favorablemente tras a publicación de hoxe no Boletín Oficial do Estado.
“Non podiamos aprobar o PXOM coa nova autovía que pretendía inicialmente Fomento e que sería un novo desastre para o Concello de Mos” concluiu a alcaldesa, que hoxe celebra o logro de ter freado unha infraestrutura que voltaría a destrozar a Mos, gracias a unha demostración de boa xestión política co Ministerio de Fomento.
Mellora da seguridade vial
O pasado xoves día 19 de marzo a ministra de Fomento, Ana Pastor anunciaba en Mos a eliminación da parte do trazado que afectaba a Mos e a licitación este semestre do proxecto de adecuación e mellora da seguridade vial da autovía A-55 entre Vigo e Porriño. O presuposto base de licitación estimado ascende a 8,25 millóns de euros.
Co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade vial da actual autovía A-55 no seu tramo entre Vigo e O Porriño, proxéctanse actuacións en múltiples puntos da autovía A-55, nos termos municipais de Vigo e Mos, comprendidos entre o enlace de Bembrive e Segade (Vigo) e o enlace coa antiga N-120 en Amieirolongo Sanguiñeda (Mos). Isto inclúe a mellora de carrís de cambio de velocidade do enlace de Meixoeiro, a reordenación de movementos do enlace do P.K. 10 da A-55, e a mellora de accesibilidade á zona de Reguengo e San Eleuterio, entre outros.
Preténdese optimizar as condicións xeométricas dos accesos existentes, propoñendo ampliacións de lonxitudes de carrís de aceleración e desaceleración, ou carrís de trenzado entre entradas e saídas consecutivas, que permitan canalizar os movementos dunha forma máis adecuada, mellorando desta forma as condicións de seguridade do tramo. Así mesmo, reordénanse e limitan accesos á autovía, co obxecto de optimizar a explotación da estrada e a seguridade vial. Igualmente, actuarase sobre a sinalización, horizontal e vertical, e sobre o balizamento dos tramos afectados para facilitar a apreciación dos distintos elementos de trazado por parte dos condutores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170