Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Biblioteca de Mos amplía en case 200 libros a súa colección bibliográfica

Trátanse de novidades literarias das cales o 30% están escritas en galego

[Img #18140]A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, acompañada polos técnicos da Biblioteca Municipal de Mos, sita na Porteliña parroquia de Petelos, recepcionou esta mañá preto de 200 novos exemplares de libros para uso e disfrute dos socios e socias da mesma, tanto nas propias instalacións coma a modo de préstamo temporal.

 

Os novos títulos puideron ser adquiridos pola administración local gracias á concesión dunha subvención da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, tal é o caso da de Mos. A edil Sara Cebreiro declaraba hoxe satisfeita que “con esta axuda da Xunta puidemos mellorar considerablemente a colección bibliográfica da nosa Biblioteca Municipal”, dixo a concelleira.

 

A subvención tratábase dunha axuda plurianual correspondente ós anos 2015 e 2014. O importe total ascende a 2.214,54 euros, correspondendo 1.107,27 euros por ano.

 

Por tal cantidade mercáronse 164 libros, exemplares de últimas novidades en narrativa para adultos, infantil e xuvenil elixidas en base ás peticións dos propios usuarios e usuarias da Biblioteca. Un 30% do total destes libros é literatura en galego e os títulos foron elixidos de entre a lista de lecturas obrigatorias no Instituto de Mos para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, e Bacharelato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.