Provincia
Axudas para novos equipamentos en Protección Civil de cinco concellos da área de Vigo
Trátase de 4 vehículos pick-up, 2 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 2 remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, destinará máis de 215.000 euros a renovar o equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dependentes dos concellos do ámbito da Delegación Territorial de Vigo para a súa utilización en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias.
Así o anunciou hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, nunha rolda de prensa ofrecida para dar conta deste investimento, que en toda Galicia superará os 4,5 millóns de euros, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento (FEDER).
Na súa intervención, Menor destacou o esforzo inversor do Goberno galego para dotar ás agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos recursos e material necesario para desenvolver o seu labor, mellorando a prestación do seu servizo á cidadanía. Así, explicou que os responsables deste departamento autonómico mantiveron reunións coas asociacións provinciais de voluntarios para coñecer, de primeira man, as súas necesidades máis prioritarias e acordar un sistema de reparto axeitado, polo que se tratará de atender practicamente todas as peticións.
En total, 154 concellos de Galicia recibirán algún tipo de material que se distribúe da seguinte maneira: 42 vehículos todo terreo tipo pick-up, 41 vehículos furgóns para transporte e loxística, 40 remolques para a atención ás emerxencias, 16 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate, 33 esparexedores de sal, e 20 remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado.
Polo que se refire ao ámbito da Delegación Territorial de Vigo, un total de 5 concellos presentaron solicitudes para optar a este equipamento. Trátase de 4 vehículos pick-up, 2 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 2 remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado.
O director xeral de Emerxencias e Interior subliñou a importancia que teñen os voluntarios de protección civil na Comunidade Autónoma. “As características orográficas e a distribución poboacional de Galicia fai que as agrupacións destes voluntarios teñan un papel destacado na atención das emerxencias, en funcións de primeira atención e apoio á labor que desempeñan os corpos profesionais de emerxencias”, indicou Luis Menor.
Novo equipamento de emerxencia para o GES Val Miñor
Ademais da adquisición de material para as agrupacións de Protección Civil, o departamento autonómico tamén levou a cabo a compra de novo equipamento para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) creados hai dous anos. Trátase de 31 detectores de gases tóxicos e atmosferas explosivas que poidan xerarse no transcurso dunha emerxencia.
Neste senso, o director xeral aproveitou a súa visita a Vigo para facer entrega deste novo equipamento de emerxencia ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor. O encargado de recollelo foi o alcalde de Baiona, Xesús Vázquez Almuíña, representante hoxe da Mancomunidade do Val Miñor encargado do GES. O material entregado consta dun detector de gases coa súa bomba de aspiración externa, motorizada e acoplable, marca MSA, modelo ALTAIR 4X que facilitará o traballo a desenvolver con seguridade polo Grupo de Emerxencia Supramunicipal.
Os detectores de gases son instrumentos a utilizar polos servizos de emerxencia no desenvolvemento das súas funcións cando se atopan en lugares que previsiblemente puideran ter atmosferas inflamables, explosivas ou tóxicas. O seu coñecemento pode evitar riscos asociados a poboación e ao mesmo persoal de intervención. Soen ter sensores para a medición do oxíxeno, sulfuro de hidróxeno, monóxido de carbono e medición de gases e vapores inflamables que ao detectar os mesmos saltan alarmas acústicas e ópticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213