Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 01 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O PP de Mos organízase en equipos sectoriais para deseñar o programa electoral

Son un total de 10 grupos liderados pola candidata e os edís do goberno local, que se reunirán na sede do partido cunha periodicidade semanal

[Img #18168]O PP de Mos está a iniciar a elaboración do seu programa electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio que está en proceso de deseño. Para elo os populares mosenses crearon dez equipos de traballo integrados polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno municipal, a alcaldesa mosense e candidata do Partido Popular de Mos, membros do comité local do PP de Mos e técnicos e profesionais expertos nas dez materias (tanto veciños de Mos como doutros municipios) de cada un dos dez equipos creados: economía e emprego, saneamento e abastecemento, cultura e benestar social, vías e obras, alumeado, urbanismo e medio ambiente, educación e participación cidadá, parques e xardíns e limpeza viaria, deportes e seguridade.

 

Todos os equipos comezaron xa esta mesma semana a reunirse na sede local do partido, sita en Petelos, para traballar na confección das súas áreas do programa e manterán unha mesa de traballo con periodicidade semanal ata que dean por concluído este labor de deseño, tras o cal será presentado oficialmente o programa electoral.

 

Cada equipo está liderado polo concelleiro delegado da área en cuestión no Concello. Deste xeito, o de economía e emprego encabézao Óscar Soto, o de saneamento e abastecemento Camilo Augusto, o de cultura e benestar social, Sara Cebrerio, o de vías e obras Alberto Méndez, o de alumeado Luis Alonso, o de urbanismo e medio ambiente Julia Loureiro, o de educación e participación cidadá Kely Monzón, o de parques e xardíns e limpeza viaria Cándido Pérez, o de deportes Isidoro Táboas e, por último, o de seguridade, lidérao a rexedora local e candidata, Nidia Arévalo.

 

O primeiro grupo en iniciar as súas xuntanzas semanais foi o de cultura e benestar social dirixido por Sara Cebreiro, que se reuniu a pasada semana; e onte fixoo  o de urbanismo e medio ambiente que encabeza Julia Loureiro. Ambas coincidiron en destacar que están “moi satisfeitas cos integrantes do seu equipo e que a liña de traballo vai por moi bo camiño”.

 

Pola súa banda, Nidia Arévalo avanzou que “no noso novo programa electoral proporemos programas e medidas para que o Concello de Mos sexa aínda máis profesional, transparente, áxil, saneado financieiramente, racional e coherente. En definitiva, mellorar a calidade de vida dos habitantes de Mos pero sen deixar de facer unha xestión realista”. Arévalo informou ademais de que tamén está en proceso a confección da lista electoral.

 

Arévalo destacou neste sentido “a importancia de traballar codo con codo co comité local e da man das parroquias, que son os que coñecen o sentir e as necesidades reais diarias dos veciños e veciñas de Mos”. Asimesmo a redora local afirmaba que “en 2011 xa demostramos que cumpriramos cos e coas mosenses, feito que foi avalado nas urnas nas pasadas eleccións municipais; ó longo destes últimos catro anos continuamos a seguir cumprindo a pesar da situación económica adversa. Estou segura de que os habitantes de Mos valoran a que foi unha xestión eficiente e volverán a respaldarnos para que sigamos cumprindo catro anos máis”. 

 

Ademais destes equipos, e tal e como xa se anunciou o pasado 21 de marzo, hai posta en marcha unha plataforma web de participación cidadá co nome de Propón Mos á que se pode acceder a través de www.portodooqueimportamos.com para que os veciños e veciñas interesados en colaborar coa elaboración do programa electoral poidan presentar as súas as opinións, ideas e propostas.

 

O obxectivo desta plataforma on line é escoitar á veciñanza, as súas suxestións, ideas, comentarios e incluso críticas construtivas para comezar a construir un futuro mellor para Mos.

 

Cómpre lembrar que o PP de Mos iniciou a precampaña a principios do mes de febreiro visitando as dez parroquias mosenses onde celebraron reunións de partido para facer balance da actual lexislatura mediante mesas de traballo entre a alcaldesa e candidata e os membros do comité do Partido Popular de Mos nas diferentes parroquias.

 

Estas mesas de traballo centráronse na revisión de obras feitas e logros acadados, na identificación de obxectivos pendentes e no inicio da redacción e diseño do programa electoral de cara ós vindeiros comicios municipais a celebrar en maio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.