Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

O BNG denuncia a falta de funcionamento do ferry Caminha-A Guarda en Semana Santa

[Img #18170]O BNG ve con preocupación a actual situación de parálise na que está o transbordador entre Caminha e A Guarda, máxime despois dos anuncios en prensa da posta en marcha do servizo para o período de vacacións de Semana Santa.

 

Para o BNG resulta escandaloso o silencio e a falta de alternativas do goberno municipal do PSOE, cando hai unhas semanas estábase anunciando nos medios de comunicación que o servizo do transbordador entre Caminha e a Guarda ía estar en funcionamento para semana santa.

 

O BNG esixe explicacións ao goberno municipal sobre cales son as iniciativas que están levando acabo para dar unha alternativa a actual situación de parálise, xa que nen sequera existe información axeitada na oficina de cobro de billetes sobre como pasar a Portugal.

 

“Unha vez máis o comercio guardés ten que ver, a falta do servizo entre a Guarda e Caminha, como unha oportunidade perdida nunha vila que presume de turística” comentou Ángel Baz, candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía da Guarda.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.