O Porriño
Asamblea da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián
A nova Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, presidida por Carmen Rodríguez Domínguez, convocou unha asamblea o vindeiro día 10 de Abril co obxectivo de presentar aos asociados e asociadas o plan de traballo da nova xunta directiva e as diferentes actividades que quere desenvolver para impulsar a mellora dos barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos. A asamblea, que terá carácter extraordinario, celebraráse no local da asociación, na rúa Manuel Rodríguez número 100 do Porriño ás 20:15 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria.
Entre os temas que se debatirán na asamblea, atópase o da presentación do estado de contas, altas e baixas, a presentación do Plan de Traballo da Asociación para o ano 2015, a proposta de mellora dos estatutos, o nomeamento do primeiro presidente da asociación, D. Juan Manuel Areal Grova como socio honorario da Asociación e a presentación da nova páxina web da asociación, que terá como obxectivo informar das actividades da asociación, recoller información de interese, así como propostas e queixas veciñáis para trasladalas ao Concello, a historia dos barrios e incluso poder consultar o Plan Xeral do Porriño online.
A nova directiva quere dar un impulso á mellora dos barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos, para o que presentará aos seus asociados un plan de actuacións e obxectivos a realizar no ano 2015, entre os que se atopan accións nos eidos social, cultural, medioambiental, formativo e de mellora sociocomunitaria dos Barrios do Porriño que representa. Para elo, presentarán ao concello un Informe de necesidades dos barrios a partir das carencias actuais e as propostas dos veciños e veciñas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115