Tui
O Xulgado de Tui absolve a sindicalista da CIG denunciada polo xerente do San Xerome
Segundo informan dende a CIG "o xulgado aprecia que a acción denunciada carece de relevancia penal, de acordo coas conclusións do fiscal durante a vista"
O Xulgado nº 3 de 1º instancia de Tui acaba de ditar sentenza no xuízo de faltas celebrado o pasado 24 de marzo á sindicalista da CIG-Ensino Marta Dacosta, tras a denuncia presentada polo xerente do San Xerome. A sentenza é de “libre absolución para a sindicalista”.
Segundo a CIG “o 23 de abril de 2013 o Xerente do San Xerome presentou denuncia na Garda Civil da Guarda pola colocación de carteis firmados pola CIG esixindo a readmisión de catro traballadoras e traballadores despedidos do centro o día 5. O día 5 de agosto do mesmo ano, corenta días despois de que finalizasen as mobilizacións coa manifestación de 27 de xuño, o xerente amplía a denuncia presentada, especificando que se colocaran máis carteis desde abril e dando o nome da sindicalista Marta Dacosta expresamente”. A CIG-Ensino xa manifestou que consideraba esta denuncia “un intento de criminalizar a actividade sindical propia dun conflito da gravidade do sucedido no San Xerome Emiliani e rexeita este xeito de proceder”.
Explican que “durante a vista, o fiscal sinalou que na proba que presentaba o xerente se vía un grupo de persoas, porén a única denunciada fora Marta Dacosta, ademais sinalaba que a colocación do cartel que se denunciaba fora con cinta adhesiva, feito que xa aparecía recollido no atestado da Garda Civil. Por todo isto, o fiscal propuxo a libre absolución, baseada na falta de relevancia penal dos feitos denunciados, termos en que foi ditada a sentenza”.
Desde a CIG-Ensino consideran “lamentábel que o Xerente e a Dirección do San Xerome Emiliani dediquen o seu tempo e os seus recursos económicos a este tipo de denuncias, en lugar de centrar os seus esforzos en loitar para que o San Xerome siga sendo o centro que foi”.
A CIG-Ensino rexeita “que teñamos que vernos coa dirección da empresa nos tribunais por este tipo de temas, mais que non accedesen en ningún momento a reunirse para tratar de evitar o despedimento destes catro traballadores e que tampouco accedesen a buscar outra solución para as traballadoras e os e traballadores afectados polo ERE temporal. Non podemos deixar de denunciar que mentres se gasta tempo e recursos nestas denuncias que perseguen criminalizar a actividade sindical, algúns traballadores do Centro Especial de Emprego acumularon máis de vinte días de atraso no cobro das súas nóminas”.
Desde a CIG-Ensino pregúntanse “como se pode explicar que, se non hai diñeiro para manter os contratos do persoal do Centro Especial de Emprego, si o haxa para levar a unha sindicalista ante o xuíz por un feito verdadeiramente irrelevante. Que clase de xestión do centro é esta? Teñen todos os asociados e asociadas, reais propietarios do centro, esta información?”
A CIG-Ensino considera que “a xudicialización que está provocando a actual xestión do San Xerome é contraproducente para a boa marcha do centro, o empeño en despedir a catro persoas si vai supor un quebranto económico para a entidade, pois o que demostrou o xuízo é que os despedimentos non foron por causas económicas, do que cabe concluír que, efectivamente, queríase despedir exactamente a esas persoas por teren participado nunha demanda de conflito colectivo en defensa dos dereitos que lles recoñece o convenio colectivo. A estes catro despedimentos hai que sumar un quinto despedimento dun traballador da Administración que a empresa aceptou desde o primeiro momento que era improcedente. É dicir, o San Xerome, grazas á xestión da actual dirección vai ter que desembolsar máis de 150.000 € en total”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103