Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Concello de Ponteareas denuncia actos de sabotaxe na iluminación pública

[Img #18207]O Concello de Ponteareas denuncia que “durante varias semanas se están producindo  sabotaxes nos cadros eléctricos do sistema de iluminación pública en diferentes parroquias do municipio, e tamén no casco urbano, detectándose manipulacións nos cadros eléctricos, rotura  de portas, roubo de fusibles e material do cadros, así como a desconexión dos mesmos”.

 

Estes actos vandálicos estanse a producir durante a fin de semana, amparándose na noite, en varias parroquias como Xinzo ou Areas, entre outras, como tamén no casco urbano, na estrada N-120, ocasionando que estas parroquias queden sen luz durante varios días, ocasionando graves prexuízos aos veciños afectados.

 

A estas actitudes vandálicas, segundo o Goberno local, non se lle encontra ningún tipo de explicación e ou ben teñen como finalidade deixar os veciños sen luz durante a fin de semana, ou ben outros motivos que non se entenden, pero o único que realmente se consegue é danar as infraestrutauras municipais -que son de todos e que benefician a todos-, provocando un grave prexuízo tanto económico de reparación como de tempo dos operarios municipais. Esta situación supón molestias e graves prexuízos para os veciños pola falta de luz, ademais da sensación que se crea de inseguridade e de perigo que implica a falta de iluminación pública.

 

Estes feitos xa foron denunciados en datas pasadas polo Concello de Ponteareas ante a Garda Civil e postos en coñecemento da Policía Local e solicítase desde o Concello a colaboración cidadá en aras de identificar o autor ou autores destas sabotaxes para pór fin a estes actos vandálicos que pretenden únicamente facer dano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.