Mos
A mocidade mosense poderá viaxar ó Courel durante a primeira fin de semana de maio
Os interesados en realizar a excursión teñen de prazo ata o 23 de abril para inscribirse
O Concello de Mos organiza unha excursión de fin de semana a Serra do Courel (Lugo) para a xuventude do municipio, os días 2 e 3 de maio.
A Serra do Courel, situada en Lugo é un lugar privilexiado, que conserva case que intacta a esencia do bosque atlántico e de ribeira nas súas devesas e na beira dos seus ríos. Un dos maiores tesouros biolóxicos, paisaxísticos e etnográficos da Península Ibérica.
Esta actividade levarase a cabo coa compañía de Marcos Reinoso, un biólogo vigués residente na zona do Courel. Poderán participar na mesma os mozos e mozas entre 18 e 35 anos veciños de Mos e indirectamente tamén todos os xoves entre estas idades doutros municipios que estean interesados nesta programación, así como o entorno familiar dos mozos e mozas e toda a comunidade do municipio. O número mínimo de participantes para poder levar a cabo a actividade é de 30 e o número máximo é de 39 (por dispoñibilidade do albergue).
Para poder acceder a esta actividade, todas aquelas persoas interesadas deberán cubrir a solicitude de inscrición dispoñible no Rexistro do Concello de Mos, na OMIX ou a través da web, e entregala asinada xunto cunha copia do DNI nestes mesmo espazos ou vía email (omix@concellomos.es). O prazo para inscribirse estará aberto ata o xoves 23 de abril. A lista de admitidos/as publicarase o venres 24 de abril. Esta elaborarase tendo en conta a orde de entrada no Rexistro do Concello.
Durante a viaxe realizarase a Ruta da Devesa da Rogueira (Lagoa da Lucenza) na Aula da Natureza de Moreda, visita á Fervenza do Rexío, visita á aldea de Froxán (Lugar de Interés Comunitario), a Ruta Ferrería Locay de Seoane-Val das Mouras-Seoane, e visita ó Castiñeiro do Val da Fonte, árbore senlleira de Galicia. O aloxamento realizarase no Albergue de Folgoso do Courel. O custe desta excursión para cada participante será de 65 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101