Mos
O Centro Dotacional de Torroso acollerá un taller sobre emprendemento o vindeiro 16 de abril
O prazo de inscrición nesta actividade rematará o día anterior á celebración da mesma, o 15 de abril
O Concello de Mos organiza o taller “A incubadora de proxectos; cara o emprendemento desde a participación”. Trátase dun programa formativo promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia que se levará a cabo o 16 de abril, de 17.00 horas a 19.00 horas no Centro Dotacional de Torroso.
Este obradoiro vai dirixido a tódolos mozos e mozas con iniciativa xuvenil emprendedora, e/ou que se plantexen o emprendemento como alternativa ou solución ó desemprego xuvenil, pero pode participar todo o público interesado en xeral; isto é, todas aquelas persoas interesadas na elaboración, ou asesoramento/información de proxectos emprendedores.
Dende Oficina de Información Xuvenil xunto con Formación e Emprego determinouse dar prioridade á mocidade do propio Concello con idades comprendidas entre 18 e 35 anos preferentemente empadroados Mos.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello: www.mos.es
O prazo de inscrición rematará o 15 de abril, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O número máximo de persoas será de 18 e o mínimo será de 12. De non acadar o mínimo de participantes o taller suspenderase.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22