Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 13 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

A Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrece hoxe un concerto no Teatro Municipal

[Img #18267]O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe luns, 13 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade, un concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

 

O concerto comezará ás 18h. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 17.30h ao prezo de 4€, no despacho de billetes. Unha vez comezado o concerto non se poderá acceder ao patio de butacas.

 

A Banda, dirixida por  Francisco García Hurtado, está formada actualmente por 50 compoñentes, entre instrumentistas de madeira, metal e Percusión.

 

 A Banda de Música da Escola Naval Militar, creouse no ano 1940 en Cadiz previa ao traslado da Escola a Marín tres anos despois.  Esta unidade actúa por unha parte en actividades de réxime interno da propia Escola Naval Militar rendendo honras, en paradas militares, xuras de bandeira, despedidas de buques e concerto.  Pero tamén fóra da Escola actúa en concertos, procesións, e outros actos de índole castrense.

 

Por outra parte o luns, ás 18.30h, celebrarase unha homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos durante o ano por parte da Banda de Guerra da Brilat Galicia VIII na Igrexa de San Telmo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.