Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 16 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián busca máis socios na parroquia de Santa María do Porriño

[Img #18279]A Asociación de veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño aprobou o pasado venres día 10 en Asamblea Extraordinaria o seu plan de actuación e contas para o ano 2015. Entre as principáis novidades da Asamblea, se atopa a modificación dos estatutos que permitirá aos veciños de toda a parroquia de Santa María do Porriño formar parte da  Asociacion de Veciños, unha demanda que viña sendo recurrente, o que lles permitirá aos novos socios poder participar nas actividades da Asociación, sempre e cando “se respeten os obxectivos fundacionais e o seu ámbito de actuación”.

 

Deste xeito, a asociación quere dar resposta á demanda de moitos veciños do Porriño que solicitaban poder participar na asociación e nas súas actividades.

 

A Asamblea serviu tamén para presentar o estado de contas da Asociación e aprobar os orzamentos para o 2015, e o plan de actividades, que pretende dinamizar a vida dos barrios. Asimesmo, a asamblea apoiou a proposta da Xunda Directiva de elaborar un informe de necesidades e propostas de mellora dos barrios para presentar á Corporación Municipal, habida conta de que os barrios de San Benito, San Sebastián e o Cristo dos Cachos precisan “dun impulso municipal para renovarse e impulsar as actividades económicas, culturais e sociais dos mesmos” aseguran.

 

O Plan de Actividades da Asociación para o 2015 pretende por en marcha actividades formativas, andainas saudables, actividades culturais como un ciclo de conferencias sobre temas de interese xeral, exposicións, actividades lúdicas e deportivas para mozos e mozas e maiores, cine na rúa, etc… así como manter as actividades que xa viña realizando como a Festa do Chouripán ou a tradicional Festa do Calacú. Asimesmo, a asociación estudia a posta en marcha dun evento gastronómico de maior calado a nivel municipal.

 

Asimesmo, a asamblea da asociación presentou a súa nova páxina web con diferentes utilidades como poder consultar o plan xeral, coñecer as actividades da asociación ou cómo asociarse.

[Img #18278]

Por último, durante a asamblea, a Xunta Directiva, a través da súa presidenta Carmen Rodríguez, otorgou a Juan Manuel Areal Grova a distinción de socio Honorífico da Asociación e fíxolle entrega dunha peza conmemorativa deste feito, especialmente realizada polo escultor porriñés Francisco Candán. Juan Manuel Areal Grova, que foi  o primeiro presidente da asociación, tivo palabras de agradecemento para os socios e a Xunta Directiva e non quixo deixar pasar a ocasión para agradecer tamén aos membros das Xuntas Directivas que presidiu o seu apoio e aos socios polo seu cariño. Durante a súa xestión a asociación colleu impulso e afrontou importantes problemas dos barrios, feito polo que foi recoñecido polos socios e socias.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.