Galicia
Unhas 23.000 persoas participan dende onte nunha enquisa do IGE
Permitirá coñecer as características socioeconómicas e as condicións de vida dos fogares da Comunidade galega
O Instituto Galego de Estatística (IGE) comezou onte o proceso de recollida de información en máis de 9.200 vivendas para a próxima edición anual da ‘Enquisa estrutural a fogares’, que finalizará no mes de xuño e cuxos resultados estarán listos en decembro.
Esta enquisa, de carácter oficial, está incluída na Lei do Plan Galego de Estatística 2012-2016 e estase a realizar desde o ano 1999. O seu obxectivo principal é o estudo das características socioeconómicas e as condicións de vida dos fogares galegos.
Os resultados deste traballo estarán listos en decembro, e está previsto consultar a arredor de 23.000 persoas
O traballo de campo consistirá na recollida de información sobre unha mostra aleatoria de 9.126 fogares repartidos por toda Galicia. Aos entrevistados realizaránselles preguntas relativas á idade, nivel de estudos, ocupación, situación laboral ou ingresos e gastos do fogar.
Ademais, inclúese no cuestionario un módulo específico sobre equipamento e características básicas das vivendas galegas e outro sobre a mobilidade. En total, está previsto que nesta enquisa participen unhas 23.000 persoas.
Confidencialidade
As vivendas seleccionadas recibirán unha carta na que se lle comunicará aos interesados a obriga que teñen de facilitar os datos, tal e como establece a Lei de Estatística de Galicia, normativa que, por outra parte, garante a confidencialidade de todos os datos que lle sexan proporcionados ao IGE.
En concreto, os datos obtidos están protexidos polo segredo estatístico e tan só se poden utilizar cunha finalidade estritamente estatística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101