Cultura
Cismadores de Mauro Cerqueira no Marco de Vigo
A exposición pode visitarse ata o vindeiro 14 de xuño
O traballo de Mauro Cerqueira (Guimarães, 1982) sitúase no punto en que o tradicional e o accidental converxen. Restos que cobran vida nas súas mans como unha voz de alarma que informa do proceso de desmantelamento da cidade do Porto. Ensamblaxes perigosamente equilibradas que, como a súa contorna, corren o risco de esborrallarse en calquera instante.
As súas intervencións reproducen espazos deshabitados de xeito apresurado, abandonados como por sorpresa e nos que a súa vida diaria cobra un protagonismo tan intenso que remata por implicar ao espectador.
Cismadores parte das experiencias acumuladas na rúa, de situacións dun realismo que custa crer. Individuos que viven unha vida que se repite en bucle, baseando a existencia nunha busca —a do alcol, o tabaco ou a heroína— ou aceptando a explotación laboral como un feito ineludible.
O resultado, como noutros dos seus traballos, é unha instalación na que o vídeo se mestura cos restos dese naufraxio urbano. Mesas que recrean as terrazas nas que ese cisma ten lugar a diario, botellas e elementos que posibilitan a vida nese labirinto. As gravacións realizadas a pé de rúa reproducen conversas aparentemente baleiras, nas que calquera chisme é suficiente para provocar un acalorado debate e o enfado entre individuos condenados a reatoparse.
Este proxecto ten noutros como Ter que falar, a exposición individual programada en 2013 na galería Heinrich Ehrhardt de Madrid ou Dar o braço, receber a mão, a instalación realizada para a mostra 12 Contemporâneos – Estados Presentes en 2014 no Museu Serralves, dous claros puntos de partida en que temas como o alcol, o mercado negro e as situacións límite se fonden dando lugar a un xogo meramente plástico, que se retroalimenta coas historias que, alén das portas do museo, en calquera cidade sexa cal sexa, se seguen a producir a diario.
SOBRE O AUTOR
Mauro Cerqueira (Guimarães, 1982) vive e traballa en Porto, Portugal. Entre as súas últimas exposicións atópanse: Gatunar, Galería Murias Centeno, Lisboa, 2014; Disparity and Demand, La Galerie, Noisy-le-Sec, París, 2014; 12 Contemporâneos: Estados Presentes, Museu Serralves, Porto, 2014; Ter que falar, Galería Heinrich Ehrhardt, Madrid, 2013; VI Bienal de Jafre, Jafre, 2013; Cobra d’água, Galeria Graça Brandão, Lisboa, 2013; Interpunction #4, Galerie Tatjana Pieters, Gante, 2013, Brutalidade Jardim, Galería Marília Razuk, São Paulo, 2013 ou Cidade Crua, Piano Nobile, Xenebra, 2013. Cerqueira dirixe xunto con André Sousa o espazo Uma certa falta de coerência na cidade de Porto e en 2013 foi bolseiro da Robert Rauschenberg Foundation dentro do programa de residencias que a institución realiza en Captiva Island, Florida.
Datas:
10 abril 2015 - 14 xuño 2015
Lugar:
Anexo [vestíbulo principal]
Horario:
Luns a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30
Produción:
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado:
Ángel Calvo Ulloa

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213