Ponteareas
María Vilas e o CN Galaico de Pontevedra, protagonistas no Trofeo Amizade
O equipo de natación Galaico de Pontevedra proclamouse vencedor do Trofeo Amizade por terceiro ano consecutivo. A décimo sexta edición do campionato ponteareán caracteirzouse polo man a man entre os pontevedreses e os integrantes do Clube Natación Ponteareas. Finalmente os primeiros obtiveron unha vantaxe de 14 puntos con respecto aos anfitrións.
O Trofeo Concello de Ponteareas, que distingue ao mellor nadador ou nadadora da competición, foi para a mundialista María Vilas. Trátase dun recoñecemento ao participante que faga a mellor marca nalgunha das súas probas. Para comparar as probas utilízase unha tabla compensatoria validada pola Federación Internacional de Natación. Vilas acadou un tempo de 2 minutos e 18 segundos nos 200 estilos.
O Trofeo Amizade congregou en Ponteareas a un total de 230 nadadores, amosándose un ano máis como unha das citas máis importantes do panorama galego. Tanto o alcalde ponteareán, Salvador González, como o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, estiveron presentes no acto final de entrega de medallas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129