Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 15 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Multiusos acollerá unha charla sobre seguridade vial

Será o vindeiro 21 de abril ás 20.00 horas e estará impartida pola Policía Local de Mos e persoal da DXT

O Concello de Mos desenvolve a Campaña de Seguridade Vial “O Peón” que ten como obxectivo dotar ós viandantes do municipio dos coñecementos precisos para previr a accidentalidade. Esta iniciativa está dirixida a toda a poboación de Mos co fin de previr e diminuír o índice de accidentalidade contribuíndo á formación e [Img #18313]información vial de  toda a poboación de Mos.

 

Ademais da charla procederase á distribución de chalecos e brazaletes reflectantes. A actividade será impartida por persoal da Policía Local do Concello que xa conta con experiencia neste tipo de intervencións educativas no ámbito da seguridade vial, xunto con persoal da DXT, Dirección Xeral de Tráfico.

 

Os obxectivos desta iniciativa son reducir o número de atropelos, informar dos dereitos e das obrigas do/da peón, recalcar a importancia de cumprir as normas de circulación, fomentar a atención e precaución nas rúas e destacar a importancia de facerse ver en situacións de pouca visibilidade.

 

Os contidos que se abordarán durante a charla serán as características da xeografía galega e como estas afectan á seguridade viaria, as características da poboación, os tipos de vías e terreos públicos de circulación, os tipos de peón e características, a normativa vixente en materia de circulación así coma sinalización específica e infraestruturas, cales son as condutas axeitadas a seguir e os tipos de sistemas de retención infantil.

 

Esta actividade vai destinada preferentemente a toda a poboación empadroada en Mos, prestando especial atención ás persoas maiores que moitas veces son as máis vulnerables e as que contan con maior índice de accidentalidade. Esta charla informativa levarase a cabo o día 21 de abril  no auditorio do Multiusos das Pozas, de 20:00 horas a 21:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.