Oia
A salvo os dous tripulantes dunha planeadora que envorcou en Oia
A tripulación do pesqueiro “Leyenda 1” rescatou esta mañá aos dous ocupantes dunha planeadora que envorcou fronte ao Cabo Silleiro, en Oia. Os afectados se atopan en perfecto estado de saúde e incluso rexeitaron ser atendidos polo equipo médico de Urxencias Médicas que os agardaba en terra. Nestes intres, o “Leyenda 1” está a remolcar a planeadora sinistrada ata o Porto de Baiona. Ás 11:50 horas de hoxe, varios particulares contactaron co 112 Galicia tras observar unha embarcación envorcada fronte ao Hotel Talaso, na estrada de Mougás.
Un dos tripulantes se puxo a salvo sobre a embarcación mentres que o outro permanecía na auga, aseguraron as testemuñas do accidente. Máis tarde, o persoal do CAE 112 Galicia puido contactar cun dos afectados, que confirmou que se atopan en perfecto estado e descartaron a asistencia sanitaria. Do mesmo xeito, se anularon os medios de rescate que tanto Salvamento Marítimo como o Servizo de Gardacostas de Galicia tiñan movilizados. Ademais, no operativo de emerxencias posto en marcha polo CAE 112 Galicia, participaron os axentes da Policía Local, Garda Civil e GES de A Guarda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213