Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O BNG presenta unha candidatura “renovada e con experiencia para gobernar Ponteareas”

Represas como candidato do BNG á alcaldía presenta “unha lista capacitada que combina xuventude coa experiencia de varios edís que repiten en postos de saída”

[Img #18357]O BNG-Asembleas Abertas vén de facer públicos os nomes das persoas que ocuparán os once primeiros postos na lista coa que a formación concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio. “É unha candidatura renovada e capacitada para asumir o goberno local de Ponteareas; persoas con formación e experiencia en distintos sectores, un equipo con forza, ilusión e ganas de traballar para cambiar o rumbo do Concello e gobernar pensando no que realmente é importante para os veciños e veciñas de Ponteareas” manifestou o candidato á alcaldía, Xosé Represas

 

As caras novas, combinando mocidade e veteranía, activismo xuvenil e social cos aspectos urbano e rural fan da lista unha candidatura sólida de cara as municipais. Tamén é relevante que catro dos nove primeiros candidatos teñen menos de 35 anos. As persoas da candidatura BNG-Asembleas Abertas, ademais do seu compromiso político, forman parte de asociacións veciñais, culturais, comunidades de montes, deportivas, xuvenís, sindicatos, ANPAS, etc.,

 

Acompañando a Represas nos postos máis altos da candidatura figuran tres concelleiras do actual grupo municipal, Cristina Fernández, administrativa no IES Val do Tea e vinculada as ANPAS, Hortensia Bautista, mestra no ensino público e Verónica Carrera, Educadora Social, vinculada as asociacións veciñais. Tamén conforman o primeiro tramo tres novas incorporacións de persoas que nunca participaron nunha candidatura, Francisco F. Alonso –Pancho-, Licenciado en Dereito, Postgrao Auditoría Financeira, é directivo da Comunidade de Montes de Angoares, Miguel Bouzó, responsábel de Galiza Nova en Ponteareas que combina os seus estudos de Grao Superior de Administración e Finanzas coa actividade de monitor de fútbol base e Santiago Domínguez, responsábel Comarcal de Galiza Nova, Técnico de eficiencia enerxética, actividade na que traballa como autónomo, foi presidente da Asociación Xuvenil de Xinzo.

 

Entre ás once persoas que encabezan a candidatura tamén están, Dolores Covelo que conta con formación en xestión administrativa e de seguridade, actualmente en desemprego, ocupa o posto 8, no 9 figura Celso Rodríguez, Técnico en viticultura e autónomo no sector de transporte. Alba Fidalgo, responsable local do BNG, traballa nunha empresa auxiliar do automóbil, vinculada á labor do sindicato nacionalista CIG.  posiciónase no número 10 da lista, seguida de Roberto Mera que pecha o tramo dos once primeiros da candidatura. Roberto Mera foi portavoz e candidato do BNG en Ponteareas entre 1995 e 2007 e foi membro da Executiva Nacional do BNG. Na actualidade exerce como avogado con despacho en Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.