Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos celebra unha xornada sobre o Sistema de Garantía Xuvenil

Terá lugar no salón de actos da Axencia de Colocación o vindeiro luns, 20 de abril, a partir das 11.00 horas

[Img #18358]A Axencia de Colocación de Mos acollerá a próxima xornada formativa dirixida a xoves menores de 25 anos (ou 30 anos, si se trata de persoas con discapacidade), co obxecto de fomentar a súa inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil, requisito imprescindible para poder acceder a determinados programas.

 

 O título da xornada é ‘Non quedes descolgado: novas vías para a túa formación e o emprego’ que se desenvolverá o vindeiro luns, día 20 de abril, en horario matinal de 11.00 horas a 14.00 horas no salón de actos da Axencia de Colocación.

 

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos/as menores de 25 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendemento Xove aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que os mozos/as menores de 25 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras haber finalizado os seus estudos ou quedar desempregados.

 

O obxectivo da xornada programada para o luns é a información aos participantes das formas de acceso ás novas vías de emprego xa que ó programa de Garantía Xuvenil poden acollerse mozos/as, non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación, que sexan maiores de 16 anos, e menores de 25 (ou menores de 30 anos, para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%).

 

Para ser beneficiarios da Garantía Xuvenil  os interesados deben cumprir unha serie de requisitos establecidos e darse de alta no Sistema.

 

O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ten por finalidade que os mozos/as que cumpran cos requisitos establecidos poidan recibir unha oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou período de prácticas, tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

 

A metodoloxía titorial coa que se impartirá a charla do luns é eminentemente práctica consistindo nunha sesión de portas abertas, na que se axudará aos asistentes a darse de alta no Sistema de Garantía Xuvenil. Os participantes no evento deberán traer: vida laboral actualizada, títulos e formación complementaria, DNI (en caso de dispoñer de DNI electrónico -con chip electrónico- e non dispoñer do PIN, deberán acercarse á Comisaría da Policía Nacional, e obter novamente o PIN e activalo. Esta documentación será imprescindible para darse de alta no Sistema de Garantía Xuvenil. En caso de non dispoñer de DNI electrónico hay outras formas de rexistro.

 

Os mozos e mozas que se dean de alta no Sistema de Garantía Xuvenil poderán beneficiarse de programas de incentivos á contratación de xoves que estén dados de alta no Sistema: vantaxes ás empresas e aos mozos e mozas, programas mixtos de formación e emprego dirixidos a mozos/as inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, prácticas non laborais en empresas, titorización  por orientadores laborais especializados, programas formativos de adquisición de competencias clave, tecnolóxicas, idiomas, certificados de profesionalidade, obtención do título da ESO, ou acceso a formación profesional de grao medio; programa de activación e promoción do emprego autónomo para beneficiarios da garantía xuvenil e programa “JUVENTUD COOP”: fomento da economía social, emprendemento a través da incorporación/creación a unha cooperativa ou sociedade laboral.

 

A docente que impartirá esta charla será  Maite Domínguez Soto da AGAEMP (Asociación Galega de Emprendedores) e FEDEMP. Os asistentes á mesma poderán aprender en qué consiste a Garantía Xuvenil, os requisitos previos necesarios, rexistro na Garantía Xuvenil, formas de acceso, plataforma de Garantía Xuvenil e medidas ás que poder acceder dentro do Sistema de Garantía Xuvenil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.