Salvaterra de Miño
Salvaterra fixo entrega dos premios do concurso de slogans contra a Violencia de Xénero
O Concello de Salvaterra entregou un ano mais os premios do concurso de lemas ou slogans para os alumnos e alumnas do IES de Salvaterra, convocado con motivo do día contra a violencia de xénero, co fin de “mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia de xénero”.
Este concurso busca frases que traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.
O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte “atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos”.
Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia de xénero promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.
Premios
Primeiro premio, por valor de 150 € canxeable por material educativo, deportivo e/ou música. Ademáis, o slogan gañador do primeiro premio utilizose para facer uns marcadores de páxinas que serán difundidos entre os propios alumnos/as do IES e polo Concello de Salvaterra de Miño.Foi para Brais Méndez Pérez co slogan “Oir, ver …e NON CALAR”
Ademais oubo tres premios por valor de 50 € canxeables por material educativo, deportivo e/ou música para Lucía Cabaleiro, Diego Alonso e Lucía Vázquez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101