Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Podemos O Porriño non se presentará ás vindeiras eleccións

O Círculo de Podemos do Porriño quere deixar clara a súa posición cara ás próximas eleccións municipais. “Dentro das liñas que a organización aprobou  a nivel estatal, e vai seguir no ano electoral no que nos atopamos, está a decisión de que Podemos non acuda ás eleccións municipais” sinalan.

 

Explican que “compartimos os desexos de transparencia e democratización de diferentes movementos, con procedementos altamente democráticos e abertos, pero, non temos constituídos aínda os órganos a nivel municipal (Secretaría Xeral e Consello Cidadán) aos que poder someter a decisión de apoialos e participar activamente nos mesmos”

 

Nun comunicado aclaran que “ben é certo que dende o Círculo, que é o noso espazo de participación cidadá e acción social, se decidiu en asamblea potenciar unha agrupación de electores pero, únicamente, como unha opción aberta a toda a cidadanía e á marxe da nosa organización. Dende ese momento, a agrupación é totalmente autónoma e, aínda que nela se integran persoas inscritas en Podemos, xunto a veciñas e vecinos con moitas ganas de cambiar a situación municipal, fano a título exclusivamente particular e non en calidade de membros do partido”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.