O Porriño
Preto de 200 produtores de mel están acollidos á venda directa en Galicia
A directora xeral de Produción Agropecuaria participou na inauguración da XXVII Feira Apícola de Galicia-Bee Happy Market, celebrada no Porriño
A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, participou este mediodía na inauguración da XXVII Feira Apícola de Galicia-Bee Happy Market, celebrada no Porriño (Pontevedra). Durante a súa intervención destacou que preto de 200 produtores de mel están inscritos na sección de venda directa do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA). Isto, sinalou Patricia Ulloa, “é unha magnífica resposta do sector, e agardamos que represente unha considerable vantaxe para o produtor, e que sirva para poñer en valor un produto de calidade recoñecida por todos”.
A directora xeral lembrou que o decreto de venda directa regula a venda directa dunha serie de produtos primarios desde as explotacións ao consumidor final. O mel, o pole, os própole e a xelea real producidos na explotación do vendedor están entre os produtos que permite vender directamente, previamente envasados, coa súa correspondente etiqueta, e nas cantidades máximas que se fixan.
Patricia Ulloa explicou que poden venderse tanto directamente na explotación produtora como en feiras e mercados locais, ben sexa polos titulares da explotación ou polos seus parentes en primeiro grao que colaboren na actividade agraria. Ademais tamén permite que se vendan en establecementos locais de venda polo miúdo ao consumidor local, sempre que a transacción se formalice directamente e sen intermediarios entre o produtor e o establecemento de venda final.
A directora xeral de Produción Agropecuaria destacou que o sector apícola se configura como un dos mellores modelos de produción sustentable, xa que se trata dunha produción totalmente respectuosa co medio e á vez que facilita a polinización, unha función que contribúe ao equilibrio ecolóxico.
Loita contra a vespa velutina
Un dos temas que se tratarán nas xornadas técnicas que se enmarcan nesta feira son os métodos de control da vespa velutina. Neste sentido, Patricia Ulloa, lembrou que a Consellería do Medio Rural e do Mar dispón dun Protocolo de Vixilancia, deseñado para a contención no asentamento e no avance desta especie e dos seus respectivos niños. Froito deste protocolo, o ano pasado a Consellería do Medio Rural e do Mar en coordinación cos servizos de emerxencias retirou un total de 572 niños de vespa velutina.
Este ano continuarase co desenvolvemento deste protocolo de vixilancia iniciado a principios de 2014. Ademais este ano a Consellería colaborou cos apicultores para realizar o trampeo en primavera para a captura precoz de raíñas. De feito xa se entregaron 1.300 kits de trampas e de botes de líquido atraente a todos os apicultores das zonas nas que se detectaron niños no ano 2014 para que sexan colocadas nas proximidades das colmeas de cada apicultor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123