Ponteareas
Chus Garrote reta ós demais candidatos a un debate público
A candidata socialista presenta a súa candidatura que califica de “xoven, formada e preparada”.
O pasado día 18, ante a presenza de moitos compañeiros e veciños de Ponteareas, Chus Garrote foi debullando os puntais básicos da súa proposta política, baseada na creación de emprego e nas políticas sociais de apoio ás familias que están pasando momentos de dificultades. O compromiso de Chus Garrote foi “non permitirei ningunha familia sen vivenda, ningunha familia sen comida, ningunha familia sen recursos escolares para os seus fillos.”
Apuntou ademais que todas as medidas que se adopten nos distintos departamentos do Concello teñen que ir encamiñadas á creación de emprego e a prosperidade económica de Ponteareas. A prosperidade económica deberá ter como norma, a sostibilidade e o respeto polo medio ambiente.
Según a candidata, Chus Garrote, estes obxectivos básicos vanse canalizar a través de 4 eixos fundamentais: “PONTEMPREGO: Plan Estratéxico Municipal para a Creación de Emprego; Benestar social. Emerxencia social. Prevención e loita contra da exclusión social; Ponteareas: referente comercial, turístico e de servizos, das comarcas Condado, Paradanta e Louriña e a Música, o Corpus e o Deporte: feitos diferenciais da nosa vila”.
Chus Garrote ademais, verteu duras críticas contra o alcalde do PP, Salvador Gonzalez Solla, “pola súa incompetencia na xestión do PXOM e do Parque Empresarial de A Lomba”. Denunciou “a irresponsabilidade do goberno local por ter malgastado esta lexislatura sen ter resolto a falla de solo industrial, negándolle a Ponteareas a posibilidade do asentamento de empresas e impedindo a creación de postos de traballo”.
A candidata tras arremeter contra o goberno local, retou a tódolos candidatos, especialmente a González Solla, a ter “un debate público, nun espazo público, diante dos veciños de Ponteareas”.
Por último Chus Garrote presentou ás candidatas e candidatos que a acompañan dos que destacou “a súa xuventude, a súa formación e a súa capacidade de traballo. Un grupo de xente comprometido coa igualdade, a solidariedade e a xustiza social. Empeñados nunha xestión eficaz e transparente dos servizos públicos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191