Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

O BNG-Asembleas Abertas de Tui presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais con Carme Núñez como cabeza de lista

[Img #18386]O BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura no Concello de Tui con Carme Núñez como cabeza de lista para os comicios municipais do 24 de maio, unha “candidatura renovada tras un proceso de asembleas abertas á veciñanza do concello que facilitou a incorporación  de persoas independentes que apostan polo proxecto político do Bloque para aportar solucións aos problemas do municipio”.

 

 O acto tivo lugar na Sala Félix,  presentado por Carme Verde,ex- concelleira de Tui, e contou coa asistencia de de máis de 160 persoas.

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de centro histórico e mobilidade de Pontevedra, Luis Bará, arrouparon a presentación da candidatura cunha charla colóquio  “Concellos do BNG premiados internacionalmente”.

 

O Concello de Pontevedra ten recibido ultimamente varios premios internacionais relacionados coa contribución para o desenvolvemento humano e urbano. Entre eles o outorgado pola ONU en Dubai.

 

O Concello de Tomiño, tamén gobernado polo BNG, obtivo entre outros o premio de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicef, valorando proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia.

 

Pola súa banda, Carme Núñez sentiuse “emocionada de  ver a cantidade de xente que acompañou ao BNG-Asembleas Abertas  neste acto e  o apoio optimista recibido fai ter máis seguridade no  proxecto político”.

 

A candidata á Alcaldía salientou “a necesidade dun goberno en Tui que sexa quen de entender as verdadeiras necesidades e demandas das veciñas e vecinos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.