Salceda de Caselas
Rodríguez Davila: “o bipartito de Salceda deixa unha débeda de máis de 4 millóns de euros”
O Partido Popular comproba, tras revisar a liquidación do exercicio 2014, que “a ‘herdanza’ dos non adscritos – Psoe é aínda maior da que se esperaba”
O Partido Popular de Salceda de Caselas afirma que ven de corroborar o anunciado fai unhas semanas respecto da débeda xerada polo bipartito local durante os seus anos ao fronte do Concello. “Deixounos unha gran herdanza a todos os salcedenses que se reflicte no baleirado das arcas municipais”, constata o presidente dos populares e concelleiro Santiago Rodríguez Davila. Se o PP local estimaba unha débeda de case que 3 millóns de euros a sorpresa foi aínda máis grande cando, tras revisar a liquidación de 2014, comproban que a cifra se eleva a máis de 4 millóns.
Segundo os populares estes 4.097.321,41 euros de débeda proceden dos seguintes conceptos. 1.827.928,80 euros de varios préstamos; 769.391,99 euros de facturas recoñecidas e pendentes de pago a data 31 de decembro de 2014; 264.857, 92 euros dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito, precisamente destinado tamén a sufragar facturas que debido aos “orzamentos inflados que confeccionaron” non houbo partida para poder pagalas, xa que “a pesar da realidade, a previsión do bipartito sempre foi aumentar desmesuradamente os ingresos, de aí que logo non houbo remanente para facer fronte a ditas facturas, gastándose máis do que se ingresaba”, remarca Rodríguez Davila. Outro concepto que suma débeda son os 130.000 euros en facturas emitidas por Sogama e que están, literalmente, “no caixón”, pois están sen recoñecer para que non computen como débeda. Por último, 1.105.142,70 euros das expropiacións do Parque Raíña Aragonta, que nun principio eran 840.000 euros pero a isto engadíuselle as alegacións presentadas polo Bipartito dende ano 2008 e os intereses, que a día de hoxe aínda se seguen xerando, aseguran dende o PP.
Dende o PP sinalan que contando con esta débeda, o alcalde e os seus concelleiros só se preocuparon de subir o gasto en soldos, “que é o que real e particularmente lles interesa”. “O que ven a demostrar, unha vez máis, a falta de responsabilidade e de respecto de cara a todos os veciños”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103