Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

45 mosenses participaron na primeira etapa do Camiño Portugués ata Santiago de Compostela

Xa hai 50 persoas anotadas para o segundo tramo, que se levará a cabo o vindeiro sábado

[Img #18475]A pasada fin de semana deu comezo o programa ‘Mos no Camiño’, de realización do Camiño Portugués a Santiago de Compostela en 5 etapas. A primeira etapa celebrouse o sábado 18 de abril, dende Tui a Mos, contando con 45 participantes. A segunda etapa, Mos-Arcade, levarase a cabo o vindeiro sábado, día 25 de abril, e están inscritas xa nela un total de 50 persoas. Espérase non obstante, continuar aumentando nas próximas 3 etapas, o número de participantes ata chegar ó tope de prazas existentes: 55.

 

Esta iniciativa vai dirixida a todos os veciños e veciñas mosenses interesados en participar. En todas as etapas os peregrinos participantes contan cun coche de apoio, acompañamento dos Voluntarios de Protección Civil de Mos, avituallamento, servizo de autocar para desprazamentos ata os puntos de partida e regreso a Mos, e comida do último día. O prezo das 5 etapas por persoa é de 15 euros. A hora de partida de todas as etapas é ás 08.30 horas da mañá e todas as etapas realízanse en sábado, agás a terceira etapa que se levará a cabo o venres día 1 de maio.

 

A primeira etapa foi Tui-Mos o día 18 de abril. A segunda etapa será Mos-Arcade o 25 de abril con regreso en autocar ata o Pazo de Mos sobre as 14.30 horas aproximadamente. A terceira etapa, Arcade-Barro, levarase a cabo o 1 de maio con saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos cunha hora estimada de volta de ó redor das 14.30 horas. A cuarta etapa será de Barro a Padrón o 9 de maio con saída e regreso tamén dende o Pazo de Mos e regreso previsto sobre as 14.30 horas. A quinta e última etapa incluirá o percorrido de Padrón a Santiago con saída e regreso dende o Pazo de Mos e volta contemplada sobre as 19.00 horas da tarde, xa que esta xornada incluirá xantar nun restaurante de Santiago de Compostela e visita á Catedral.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.