Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Preto de 200 ciclistas participarán este domingo na II Transgalaica BTT Tui 2015

A “II Transgalaica BTT – Tui 2015”, proba competitiva de ciclismo de montaña está organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. A proba, que se celebrará este domingo 26 de abril, conta con preto de 200 inscritos.

 

Na presentación o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, deu conta do percorrido que terá a proba. A saída terá lugar este domingo ás 10h dende o Pavillón da Comunidade de Montes de Areas. O percorrido total é de 60 quilómetros con dúas voltas, de 30 quilómetros cada unha, ao circuíto establecido. A entrega de trofeos está prevista para ás  13.30h.

 

Avelino Vaz, ciclista do equipo de la Fuente, explicou que o percorrido é similar ao de edicións anteriores, pasando por Malvas, Areas, Pexegueiro, San Omedio e o Río Furnia, mais en Areas cambiarán un pequeno tramo de 2 quilómetros. Os ciclistas terán que probar en parte do traxecto a súa resistencia. A ruta contará con zonas accesibles para que o público poida ver a Transgalaica.

 

A Transgalaica BTT trátase dunha competición formada por catro probas. As que xa se celebraron disputáronse en Cotobade, O Porriño e en Vigo e a última chegará a Tui esta fin de semana.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.