Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos celebra a "VII festa do ovo estrellado con chourizo e pan de millo", o 17 de maio

[Img #18493]Coma todolos anos o día das letras galegas a Peña Celtista de Mos vai desenrolar a VII festa do ovo estrelado con chourizo e pan de millo que terá lugar no Pabillon “Oscar Pereiro” de Mos, durante a  maña do domingo día 17 de maio.

 

O evento está organizado  pola Peña Celtista en colaboración co Concello de Mos, a Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo e de diversas empresas privadas; no cal  tratarán de rescatar, promover e difundir  este prato da gastronomía tradicional e familiar.

 

Cada ración consistirá en dous ovos estrelados, un chourizo e un anaco de pan de millo, todo acompañado dunha cunca de viño ou refrescos.

 

O precio da ración irá dende 5€,  para quen o queira levar nunha fiambreira plástica; de 6 € para tomar no pavillón Oscar Pereiro en prato de cartón e de 8€  e como regalo cada comensal levará un prato conmemorativo do acto.

 

A festa contará con diversas actividades paralelas como a VII Exposición de Vehículos Clásicos, na que se podrá disfrutar dunha ampla gama de vehículos de colección de todalas épocas; unha mostra de fotografías antigas, que reflexan a vida cotiá nas distintas parroquias de Mos. Tamén  haberá como de constume demostracións e venta de produtos típicos da gastronomía e artesanía galega así como bar, pulpeiro, e un gran mercadillo

 

PROGRAMA

 

Dende as 10:00 e o longo de toda a mañá exhibición de vehículos clásicos coa colaboración de varias empresas e veciños de Mos. Exposición de fotos antigas de Mos.

 

11:00 Degustación de ovos estrellados con chourizo e pan de millo.

12:30 Actuación do artista Ángel America (Ex cantante do grupo América).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.